domingo, 23 de abril de 2017

díA dO liBro 2017

Dende a Biblioteca Escolar desexamos un bo Día do Libro a todoa a comunidade educativa!

jueves, 20 de abril de 2017

As éPocaS da hiStoriA VIII: a iDaDe meDia

Os rapaces de 4º ESO recrearon un Scriptorium monacal para deseñar as súas propias letras capitais con temple de ovo sobre imitación de pergamiño, como nos códices manuscritos medievais:

lunes, 10 de abril de 2017

As éPocaS da hiStoriA VII: arTe prEcoloMbinA


Os rapaces de 1º e 2º ESO da materia de Gravado e Estampación fixeron uns sellos en goma de borrar con motivos da Arte Azteca e Inca  e os estamparon sobre papel.

lunes, 3 de abril de 2017

diScuRsoS que fiCaron nA hiStoRia

Os alumnos de 4º ESO fixeron estes carteis sobre algúns dos protagonistas dos discursos máis famosos da Historia e colocaron debaixo fragmentos dos textos correspondentes.

sábado, 1 de abril de 2017

díA daS arTes galEgaS


Este ano o Día das Artes Galegas está dedicado á pintora Maruja Mallo. Os alumnos de 1º ESO de Debuxo están a traballar nalgúns dos seus fermosos e rompedores cadros!

jueves, 30 de marzo de 2017

As éPocaS da hiStoriA V: perSia

O Friso dos Inmortais representa aos famosos arqueiros persas que participaron nas Guerras Médicas.
Están feitos en relevo sobre ladrillos esmaltados e cada un leva diferentes e coloridas vestimentas, cun fermoso fondo azul.
Este friso adornaba o famoso palacio de Susa, mandado construir por orde de Darío I (522-486 a.C).
Cada alumno de 4º ESO fixo o seu propio guerreiro!

viernes, 24 de marzo de 2017

As éPocaS da hiStoriA IV: arTe celTa

A lacería celta é un gran exemplo de Arte Xeométrico! Os alumnos de 4º ESO tentaron reproducir algúns exemplos:

miércoles, 22 de marzo de 2017

As éPocaS da hiStoriA III: o aNtigo eXipto

Os alumnos de 4º ESO fixeron estas réplicas de papiros exipcios pintadas con temple opaco de goma arábiga... Firmaron cos seus propios xeroglíficos personalizados!!!


martes, 21 de marzo de 2017

díA da poEsía

O 21 de Marzo celebramos o Día Internacional da Poesía. Este ano a Biblioteca fixo un taboleiro con exemplos de Acción Poética repartidos polo mundo... en canto mellore o tempo os rapaces de 4º ESO farán a súa propia contribución en Portas!!!


Tamén fixemos unha exposición de libros de poesía da nosa Biblioteca e un taboleiro sobre o autor ao que dedicaron este día: Nikoloz Baratashvili

O Príncipe Nikoloz "Tato" Baratashvili (en georgianio ნიკოლოზ "ტატო" ბარათაშვილი) naceu en Tbilisi (Georgia) o 4 de Decembro de 1.817 e morreu con só 26 anos o 21 de Outubro de 1.845, en Ganja (Azerbaijan).
Este poeta romántico georgiano foi un dos primeiros en unir o moderno nacionalismo georgiano co Romanticismo europeo e en introducir  o “Europeísmo” na Literatura Georgiana.
Por mor da súa morte tan temprá, Baratashvili deixou una breve herencia de menos de corenta poemas breves, un poema extenso e algunas cartas persoais.

De todos os xeitos, é considerado un cumio do Romanticismo georgiano e se lle coñece coma o “Byron” do Este.

viernes, 17 de marzo de 2017

sT paTricK's dAy

O 17 de Marzo celébrase o día de San Patricio patrón de Irlanda. Os Departamentos de Inglés e de Debuxo crearon este Photocall para festexalo!!!

Aquí tendes as imaxes: