lunes, 31 de octubre de 2016

SaMaíN


Fixemos un cartel con debuxos a tinta chinesa dos cómics de Walking Dead (adquiridos recentemente pola Biblioteca) e unha exposición cos libros de medo recomendados este ano.

Esperamos que vos gusten!!!!


viernes, 28 de octubre de 2016

RiToS de eNterrAmeNtO ao LonGo da hiStOriA


Fixemos uns carteis sobre os ritos de enterramento e as crenzas na vida de ultratumba de diversas civilizacións ao longo da Historia e convocamos un concurso para ver que equipo era o máis rápido en conestar a un completo test sobre o tema.
O premio foron uns riquísimos caramelos de Samaín!!!!

domingo, 16 de octubre de 2016

noBel de liTeraTura 2016

A Academia sueca elixiú este ano ao músico e compositor norteamericano Bob Dylan como Premio Nobel de Literatura "por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción".
A Biblioteca fixo este taboleiro con algúnhas das súas máis fermosas letras para festexalo!!!


domingo, 18 de septiembre de 2016

a hiStoRia

Este curso 2016/17 o Proxecto da Biblioteca é "A Historia". Comezamos esta viaxe apaixonante con moitas expectativas... esperamos que vos guste!!!!


jueves, 16 de junio de 2016

Conto de Infantil 5 anos: "A xoaniña e a granxa"

Este conto realizouno a clase de Infantil de 5 anos para o concurso de microcreacións de Terras do Umia. Para a revista do centro realizada polo EDLG fixeron esta versión audiovisual. Poñémola aquí para que se poida visualizar.

viernes, 13 de mayo de 2016

Exposición de obras para as Letras Galegas

Entre as lecturas recomendadas pola biblioteca este mes están, evidentemente, obras do autor chairego ao que se lle dedica este ano. Manuel María foi un poeta que achegou a poesía en galego a un público infantil e aínda hoxe resultan obras de referencia: Os soños na gaiola e As rúas do vento ceibe. Tamén recomendamos as súas primeiras obras (Muiñeiro de brétemas, Terra Chá) e nos últimos meses saíron obras compilatorias da súa produción e ensaios analizando a súa traxectoria que nos permitirán achegarnos a el. Algunhas desas obras que temos no centro están expostas na entrada da biblioteca.

jueves, 12 de mayo de 2016

Actuación do contacontos Cándido Pazó

O actor, autor, director teatral e monologuista Cándido Pazó realizou unha actuación no noso centro. Este xoves 12 de maio actuou para 4º e 5º de Primaria e para a ESO. O contacontos actuou na biblioteca en dúas sesións resultando a súa actuación moi entretida. O acto estivo organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Concurso de fotografía matemática con temática de xogos ou bailes

O Departamento de Matemáticas leva facendo varias actividades complementarias durante o curso (desafios matemáticos, xogos matemáticos, etc). Esta avaliación propuxo un interesante concurso de fotografía baseado na temática do proxecto da biblioteca: xogos e bailes. Os resultados xa están publicados nos taboleiros do corredor principal xunto ao da biblioteca.



Agora van continuar cunha nova fase de natureza e foto matemática. A ver o que vemos no medio que nos rodea. Hai máis números dos que parece...