jueves, 29 de octubre de 2015

oBraDoiRo de esTamPacióN polo sAmAíN





Este ano, co gallo do Samaín, fixemos un obradoiro de estampación de camisetas e doutros tecidos con motivos terroríficos sacados da fermosa película "Pesadelo antes do Nadal", cos seus protagonistas: Jack, Sally, Zero...

Fixemos estampacións mediante serigrafía de obturación directa e tamén empregamos sprays con plantillas...

A verdade é que os resultados foron moi bos!!! (na presentación da parte inferior podes velas máis polo miúdo).

Esperamos que vos gusten!!!


sábado, 24 de octubre de 2015

díA daS biBlioTecaS


Hoxe, 24 de Outubro, é o día Internacional das Bibliotecas... e para festexalo os ensinamos algunhas das más fermosas do mundo!!!

PREME NESTAS LIGAZÓNS: 1 E 2


miércoles, 30 de septiembre de 2015

beNvidoS!!!

Este curso o Proxecto da Biblioteca Escolar vai sobre XOGOS, DEPORTES E BAILES...

Os rapaces de Gravado e Estampación de 1º ESO axudaron a decorar o taboleiro da Biblio con imaxes de nenos rindo e xogando todo arredor do mundo:
India, China, Rusia, Italia, Nepal, Burkina Faso, Afganistán...


Esperamos que o pasedes moi ben connosco!!!



lunes, 22 de junio de 2015

pAlpuriñA 2015

Un curso máis colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega na elaboración da revista escolar.
Engadimos algúns artigos sobre os traballos desenvolvidos este ano na Biblioteca... Esperamos que vos gustaran!!!

 
                     
 

jueves, 18 de junio de 2015

Festival fin de curso: bailes do mundo

Este xoves 18 de xuño celebrouse o festival fin de curso para todo o centro; o mércores 17 celebrárase a actividade para pais, nais e familiares.

A temática do festival foi a de bailes e ritmos do mundo: os diversos continentes chegaron a través da música; o protagonismo da música fíxonos achegar ao mundo a través das danzas do alumnado de toda primaria.

Excelentemente caracterizados, bailaron ao son de cada continente segundo os cursos:
E. INFANTIL: Dinamarca e Irlanda
1º E.P.: Portugal
2ºE.P. :Escocia
3º E.P.: Francia
4º E.P.: Irlanda
5º E.P.: Escocia
6º E.P.: Estados Unidos
Nestes vídeos podedes ver os resultados!



martes, 16 de junio de 2015

obrAdoiRo de encAdernAcióN xaPonesa

Os rapaces de 4º da ESO de EPV forraron con papel e encadernaron estas fermosas libretas, empregando a técnica de cosido da Encadernación Xaponesa, que fica sen canto!
Os resultados foron moi vistosos! e os puxemos no expositor da entrada da Biblio!


lunes, 15 de junio de 2015

o baTik da illA de jaVa

Os rapaces da materia optativa de GRES de 3º ESO estamparon tecidos empregando esta antiga técnica de reservas con cera orixinaria da zona de Indonesia.
O procedemento foi moi longo e dificultosos pero os resultados mereceron a pena!
Os tintes empregados en baños consecutivos foron o verde, o vermello o amarelo e o azul... ao final a cera quebra e fai os craquelados tan característicos!

domingo, 7 de junio de 2015

hoMeNaxe á cuLtuRa mesoPotáMica

Os alumnos de Plástica de 3º e 4º da ESO fixeron a súa particular homenaxe á Arte da zona de Mesopotamia amenaza estes días polos extremistas.

Debuxaron os fermosos toros alados ("lamassu") a sanguina sobre papel verxurado e fixeron unha réplica da Muralla de Nínive e dun dos seus Templos escalonados ("Zigurats") que quizáis foron a orixe da historia bíblica da Torre de Babel.

Ademais imitaron ás tablillas de Escritura Cuneiforme traballando con cuñas sobre barro.




jueves, 4 de junio de 2015

eXposiCión de grAvAdo e estAmpAción

Os alumnos de GRES de 3º da ESO fixeron unha exposición coas pranchas de gravado realizadas durante este curso para que o resto do Colexio poida ver as técnicas que empregaron e adentrarse un pouquiño nesta fermosa disciplina...

Traballaron a reo todo o curso... e os resultados foron realmente bós!!!