lunes, 9 de junio de 2025
táboA LiTerariA
A profe Rosa Lago fixo cos alumnos do Club de Ciencias esta fermosa táboa periódica literaria con nomes de escritores e de libros famosos.
domingo, 8 de junio de 2025
eXpo sALnéS
jueves, 29 de mayo de 2025
coRRelinGua 2025
Participamos un ano máis na carreira CORRELINGUA en Pontevedra para promocionar o emprego do Galego.
Este curso estreamos pancarta profesional!
miércoles, 28 de mayo de 2025
hoMenaXe a xAn coNsTenLa
Co gallo do cabo de ano do noso compañeiro Xan, fixemos un emotivo acto no colexio no que participaron os alumnos do Club de Lectura.
Houbo lecturas e música, entrega dos premios que levan dende agora o seu nome, escritos recompilados nun libro e inauguración dunha placa da biblio e dun banco de lectura.
sábado, 17 de mayo de 2025
LeTras gaLegaS 2025
Para festexar o Día das Letras Galegas fixemos unha exposición dos fondos sobre as CANTAREIRAS que adquirimos para a nosa biblioteca.
viernes, 16 de mayo de 2025
feSta da LinGua
Para festexar o Día das letras Galegas 2025 fomos a Caldas á FESTA DA LINGUA organizada pola asociación Terras do Umia que contou coa actuación de moitos dos nosos alumnos e, para rematar, das Tanxugueiras.
este acto foi, daemais, unha sentida homenaxe ao noso compañeiro Xan Constenla, coordinador do club de lectura e membro moi importante do noso Equipo da Biblioteca.
jueves, 8 de mayo de 2025
obRadoiRo de raP
Os alumnos de 3º ESO disfrutaron dun obradoiro de rap na nosa biblioteca.
Forma parte do noso programa Radio na Biblio, de Radio Rapeira.
A verdade é que o pasaron de marabilla e aprenderon moitísimo!!!
lunes, 5 de mayo de 2025
O PrEZo DE EsTAr á MOdA
Aquí temos un resumo dos momentos máis salientables da investigación sobre o lado máis escuro da industria da moda levada a cabo polos alumnos de 2ºESO coa axuda dos fondos da nosa biblioteca.
BibioTecA iNcLuSivA
A nosa marabillosa alumna lidia landín visitou á nosa biblio para falarlles aos alumnos de 4º da ESO sobre a carreira que estudou ela: TERAPIA OCUPACIONAL.
A verdade é que foi moi interesante e amosa unha profesión moi valiosa da que non tiñamos moito coñecemento!
manGa na radio rapeiRa
Os rapaces do Club de Manga seguen a grabar os seus podcasts na Radio Rapeira.
Comparan os mangas antigos e os novos, deciden que mangas merecen ter un anime e viceversa, repasan as novidades... á vez que fan bromas e un pouco de xaleo!










