martes, 29 de octubre de 2024

saMaíN coNcuRsos

 


Para festexar o Samaín convocamos un concurso de relatos de medo coa palabra AGOIRO. Tamén deseñamos chapas e marcapáxinas, ademais de decorar a biblioteca e o colexio.

lunes, 28 de octubre de 2024

sAmAíN 2024

 


No club de lectura as profes María Roma, Rosa Lago e Davinia Outón organizaron representacións de teatro e contacontos cos nenos de Primaria e Secundaria.

domingo, 27 de octubre de 2024

BOOK REVIEWS

Os alumnos de 3º da Eso fixeron reseñas, en inglés, sobre os seus libros preferidos , destacando aquelo que máis lles gustou. Todos estes libros podes atopalos na biblioteca do centro.

lunes, 30 de septiembre de 2024

LiNguAs poLa paZ

 

 

Participamos no proxecto europeo "Linguas pola Paz" cun obradoiro e exposición sobre obras de Arte en contra das guerras con obras de artistas coma Picasso, Banksy, Dalí, Castelao...

 

 

cLuB de LecTuRa

 

Formamos un curso máis varios Clubs de Lectura: de primaria, de secundaria, de adultos e de manga.

Estamos a facer as primeiras representacións na biblio! 

viernes, 27 de septiembre de 2024

LiNguaS poLa pAz

 


Para colaborar no proxecto do Consello de Europa para a celebración do Día da Lingua, fixemos en 3º e 4º ESO varios proxectos sobre a Arte baseados en obras de Picasso, Dalí, Castelao, Banksy... 

Tamén puxemos a palabra "PAZ" en moitos idiomas.

PARA REMATAR A CELEBRACIÓN, FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CUNHA ESCOLMA DE FONDOS EN INGLÉS DA NOSA BIBLIO.

 

jueves, 26 de septiembre de 2024

díA das LiNguAs 2

 

Os alumnos de 2º de Primaria, coa profe Jésica, estiveron investigando sobre Europa e fixeron unha exposición ben chula!

díA daS liNguAs


A Comisión Europea e o Consello de Europa celebran cada 26 de setembro o Día Europeo das Linguas, co obxectivo de dar a coñecer a gran variedade de linguas que caracteriza a Europa, promover a diversidade cultural e lingüística e fomentar á aprendizaxe de idiomas.

A riqueza lingüística de Europa é impresionante: hai máis de 200 linguas europeas, e moitas máis faladas por cidadáns que veñen doutros continentes! 

Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:

- Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas aprendidas co obxectivo de aumentar o multilingüismo e a comunicación intercultural.

- Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.

- Potenciar a aprendizaxe de idiomas ao longo da vida, tanto dentro como fóra da escola, xa sexa con fins de estudos, intercambios, necesidades profesionais, mobilidade ou simplemente por pracer.


Para máis información premede neste LINK



lunes, 24 de junio de 2024

Proxecto ARTE XITANA



O Departamento de Debuxo realizou un proxecto de investigación sobre varios artistas plásticos de etnia xitana cos alumnos de 1º e 3º da ESO.

 PREMEDE NESTA LIGAZÓN PARA ACCEDER Á WEB DO PROXECTO:

https://sites.google.com/cpidomingofontan.net/artexitana/inicio


 

lunes, 17 de junio de 2024

X cerTame do reLaTo curTo da FANPA


Varios dos nosos alumnos de Primaria e Secundaria quedaron finalistas no X Certame de Relato Curto organizado pola FANPA (Federación de ANPAS de Pontevedra) coa colaboración da Editorial Kalandraka e do Concello de Pontevedra.

Ademais dun diploma na entrega de premios, estes escritores noveles viron os seus relatos publicados nun libro que recibiron coma agasallo.

Noraboa a Lara, Estela, Icía, Laura, Ulises, Noelia, Mariña, Sabela Navia, Roi, Alba, Sabela Núñez e Mauro!!!


Para máis información premede nesta LIGAZÓN