viernes, 19 de mayo de 2023

coRRelinGua 2023

 


Aquí están algunhas das imaxes da nosa participación do noso centro no Correlingua 2023!!!

miércoles, 17 de mayo de 2023

meS daS leTraS gaLegas 1

 

Coma todos os anos, fixemos unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados co autor homenaxeado polas Letras Galegas: Fernández del Riego.

martes, 16 de mayo de 2023

andReA macEirAs


Tivemos a sorte de que Andrea Maceiras voltase a visitar a nosa biblioteca este ano.

Os afortunados foron os rapaces de 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO.

Ademais de presentar as súas obras asinou moitos exemplares!!!


 

lunes, 15 de mayo de 2023

eScoLa de XadRez 2023

 

Este ano a Escola de Xadrez de Portas puido retomar a súa actividade normal.

As clases fanse durante todo o ano na nosa biblioteca, e o curso rematou cun grande torneo no ximnasio.

alBerTo hoNtoRia


Recibimos a visita de Alberto Hontoria, para presentar o seu libro "Defectos Monstruosos" aos alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria.

Moitas grazas pola marabillosa xornada!!!

jueves, 11 de mayo de 2023

sPrinG weeK

 

Este ano o grupo de 3º da ESO participou na actividade de inmersións lingüística Spring week.

Esta experiencia forma parte do plan da biblioteca para internacionalizar a nosa escola e que recollemos no blogue de programas europeos.

PREMEDE NESTE LINK PARA SABER MÁIS!!!

martes, 9 de mayo de 2023

maRcapÁxinaS euRopA


Para conmemorar o final do noso proxecto de mobilidade ERASMUS+ deseñamos algúns marcapáxinas personalizados e troquelados para estrenar o novo plotter.

Pronto recibiremos a visita dunha profesora da República Checa coa que temos contacto grazas aos nosos proxectos eTwinning e Erasmus+.

lunes, 8 de mayo de 2023

piCaSSo


Co gallo da celebración do 50º aniversario do pasamento do pintor máis coñecido do s:XX, os rapaces de E. Infantil quixeron facerlle unha homenaxe con estes creativos marcapáxinas!!!

hoRa de LeR


 Aproveitando o bo tempo que fai este ano trasladamos a hora de ler aos patios!!!

martes, 2 de mayo de 2023

conTra o buLLYing





Para unirnos á celebración do día contra o acoso escolar fixemos un taboleiro con novas de xornais relacionados co tema.
Ademais, a profe Jessica elaborou unha unidade didáctica moi interesante sobre o libro "Invisible" de Eloy Moreno, adaptado para rapaces de Primaria.
Primeiro leron xuntos o libro, a continuación o puxeron en común e finalmente realizaron un traballo reflexivo persoal.