lunes, 15 de mayo de 2023

alBerTo hoNtoRia


Recibimos a visita de Alberto Hontoria, para presentar o seu libro "Defectos Monstruosos" aos alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria.

Moitas grazas pola marabillosa xornada!!!

jueves, 11 de mayo de 2023

sPrinG weeK

 

Este ano o grupo de 3º da ESO participou na actividade de inmersións lingüística Spring week.

Esta experiencia forma parte do plan da biblioteca para internacionalizar a nosa escola e que recollemos no blogue de programas europeos.

PREMEDE NESTE LINK PARA SABER MÁIS!!!

martes, 9 de mayo de 2023

maRcapÁxinaS euRopA


Para conmemorar o final do noso proxecto de mobilidade ERASMUS+ deseñamos algúns marcapáxinas personalizados e troquelados para estrenar o novo plotter.

Pronto recibiremos a visita dunha profesora da República Checa coa que temos contacto grazas aos nosos proxectos eTwinning e Erasmus+.

lunes, 8 de mayo de 2023

piCaSSo


Co gallo da celebración do 50º aniversario do pasamento do pintor máis coñecido do s:XX, os rapaces de E. Infantil quixeron facerlle unha homenaxe con estes creativos marcapáxinas!!!

hoRa de LeR


 Aproveitando o bo tempo que fai este ano trasladamos a hora de ler aos patios!!!

martes, 2 de mayo de 2023

conTra o buLLYing





Para unirnos á celebración do día contra o acoso escolar fixemos un taboleiro con novas de xornais relacionados co tema.
Ademais, a profe Jessica elaborou unha unidade didáctica moi interesante sobre o libro "Invisible" de Eloy Moreno, adaptado para rapaces de Primaria.
Primeiro leron xuntos o libro, a continuación o puxeron en común e finalmente realizaron un traballo reflexivo persoal.




 

lunes, 24 de abril de 2023

gaÑadoRes caLigraMas

 

Entrega de premios dos gañadores do I Concurso de Caligramas.

NORABOA AOS PREMIADOS!!!

os tReS oSos

Os alumnos de Infantil fixeron un proxecto moi riquiño para o mes dos libros sobre o libro "Os Tres Osos".



domingo, 23 de abril de 2023

díA do LiBro 2023: auToreS




Amosamos aquí unha galería de libros asinados por varios dos autores que visitaron a nosa biblio nos últimos anos.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS!!!


díA do LiBro 2023: expoSicióN

 

Dende o Equipo da Biblioteca propoñemos estas lecturas co gallo do Día do Libro 2023.

Botade unha ollada ao vídeo: