I CONCURSO DE CALIGRAMAS CPI DOMINGO FONTÁN
Vimos de celebrar o I Concurso de Caligramas do CPI Domingo Fontán.
Esta é a exposición cos seleccionados e os agasallos que lles esperan aos gañadores. Pronto daremos aos premiados!!!
I CONCURSO DE CALIGRAMAS CPI DOMINGO FONTÁN
Vimos de celebrar o I Concurso de Caligramas do CPI Domingo Fontán.
Esta é a exposición cos seleccionados e os agasallos que lles esperan aos gañadores. Pronto daremos aos premiados!!!
Para máis información premede neste LINK ao blog Abrindo Portas a Europa.
A profe Susana simó, da ESO, acudiu este ano ás Xornadas do PLAMBE da Asesoría de Bibliotecas que tiveron lugar en Santiago de Compostela o 31 de Marzo.
Todas as ponencias foron moi interesantes, coma sempre, e nos deron moitísimas ideas para implementar na nosa biblio!
Neste 27 de Marzo sumámonos á iniciativa da Comisión Europea do Día dos Autores Europeos, para promover a lectura entre os xóvenes cunha lectura conxunta entre moitos centros educativos de toda Europa.
No noso cole participaron profes, alumnos, persoal non docente, nais...
Para máis información premede neste LINK ao blog de Proxectos Europeos
Hoxe tivemos unha xornada marabillosa coa visita á nosa biblio da ilustradora Estefanía Padullés do libro Que mal día gato Klops!
Os nosos alumnos o pasaron de medo vendo cómo facía estes fermosos debuxos e ademais asinounos un exemplar para a biblio!
Hoxe tivemos a honra de poder presentar na nosa biblioteca o documental "Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia", realizado polo Departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico de la Diputación de Pontevedra.
Ademais, aproveitamos esta oportunidade paa que o escritor Alberto Fortes nos asinara o noso exemplar de "A viaxe xeométrica de Domingo Fontán".
Para máis fotos e información premede neste LINK AO NOSO BLOG "TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN".