lunes, 13 de marzo de 2023

QuE mAl día gATO KloPs!


Hoxe tivemos unha xornada marabillosa coa visita á nosa biblio da ilustradora Estefanía Padullés do libro Que mal día gato Klops!

Os nosos alumnos o pasaron de medo vendo cómo facía estes fermosos debuxos e ademais asinounos un exemplar para a biblio!

viernes, 10 de marzo de 2023

DOCUmEntaL dOminGO FontÁN




Hoxe tivemos a honra de poder presentar na nosa biblioteca o documental "Fontán 360. O primeiro rostro de Galicia", realizado polo Departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico de la Diputación de Pontevedra.

Ademais, aproveitamos esta oportunidade paa que o escritor Alberto Fortes nos asinara o noso exemplar de "A viaxe xeométrica de Domingo Fontán".

Para máis fotos e información premede neste LINK AO NOSO BLOG "TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN".

lunes, 6 de marzo de 2023

inStagRam

 

Creamos unha conta da biblioteca en Instagram (@bibliotecacpidomingofontan) para propoñer lecturas e dar publicidade ás novedades.
Ademais, intentamos espallar todos os nosos proxectos nas redes socais, polo que participamos na nova conta de Instagram do colexio coas etiquetas #bibliocpidomingofontan e #abrindoportasaeuropa. 
Ademais, creamos unha conta propia para facer recomendacións de lectura.
Seguimos cos blogs da biblio, da radio, de proxectos europeos e de correspondentes xuvenís. e e co Twitter da biblio.
E creamos apartados específicos na web do colexio.






viernes, 24 de febrero de 2023

díA de rOsaLíA

 

Co gallo do Día de Rosalía do 2023 (24 de Febreiro) tivemos a sorte de que a ilustradora dun dos seus libros, Teresa Candal, nos asinara un exemplar para a nosa biblio!

Tamén fixemos un taboleiro conmemorativo:


martes, 21 de febrero de 2023

boLeTín nº21. feBreiRo 2023

 


enTrOidO 2023

 


Este curso todo o colexio disfrazouse con temática europea, xa fosen países actuais ou pasados: gregos, romanos, castrexos, españois, alemáns, franceses, ingleses...

Forma parte do tema do noso PLAMBE 2022/23 e enlaza co noso proxecto de obilidade ERASMUS+.

Tamén fixemos o desfile polo pobo grazas á colaboración do Concello. A verdade é que estivotodo moi divertido!!!

martes, 14 de febrero de 2023

díA de sAn vAlentíN


Organizamos un pequeno photocall para festexar o Día de San Valentín coa colaboración do Departamento de Orientación!

lunes, 13 de febrero de 2023

díA muNdiAl da rAdiO

Para festexar o Día Mundial da Radio os rapaces de Primaria acudiron a gravar na nosa emisora!

VISITADE O APARTADO NA NOSA WEB E TAMÉN O BLOG DE RADIO RAPEIRA PARA SABER MÁIS!!!

díA da muLLeR e da nEna na CienCia

 

Un ano máis, o profe Carlos Castro de Bioloxía organizou un encontro virtual con científicas para os alumnos da ESO.

Así unímonos á conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o 11 de Febreiro.

miércoles, 1 de febrero de 2023

neKo

 

A escritora Eva Mejuto, autora de Keto, visitou a nosa biblioteca e asinou exemplares aos nosos alumnos que ficaron encantadísimos.

Moitas grazas por todo!!!