No noso 50º aniversario, tamén queremos lembrar a historia da NOSA revista escolar PALPURIÑA cunha exposición na nosa biblio de todos os exemplares publicados, incluido o monográfico editado polo noso 25º aniversario.
miércoles, 27 de abril de 2022
martes, 26 de abril de 2022
hiStoRia do CPi
Dentro das actividades polo 50º aniversario fixemos varias exposicións sobre a historia do noso CPI: fotografías da evolución do edificio, proxectos e premios máis relevantes, imaxes dos alumnos doutras décadas...
Entre elas, para festexar o Día do Libro 2022, fixemos tamén unha con algúns dos escritores aos que lles fixemos unha ilustración e lles dedicamos exposicións nestes últimos anos.
viernes, 22 de abril de 2022
viernes, 8 de abril de 2022
biBlioTeca da CuLTurA xiTanA
Para festexar este ano o Día Internacional do Pobo Xitano poñemos unha ligazón á Biblioteca da cultura Xitana da universidade de Alcalá que descoñocíamos ata o de agora... a verdade é que é moi interesante e xa nos deu moitas ideas ara aumentar os fondos da nosa Biblio!!!
miércoles, 6 de abril de 2022
lunes, 4 de abril de 2022
coÑecenDo euRopA con xoGos
A profe Jéssica de 6º de EP proponnos coñecer Europa a través duns xogos moi divertidos!!!
Esta actividade forma parte do proxecto de internacionalización do CPI que chamamos "Abrindo Portas a Europa", ao que dedicamos o PLAMBE deste curso:
domingo, 27 de marzo de 2022
reCunCho de orDenadoRes
Reformamos o recuncho de ordenadores da biblioteca para facelo máis ordenado e moito máis práctico!
Esperamos que vos guste:
nueStras noveLas faVoritaS
Con todos los textos hicieron una exposición en el tablón de su aula.
Algunas tenían unos dibujos increíbles!
viernes, 25 de marzo de 2022
xorNadaS plAmBe 2022
A profe Nuria Blanco acudiu ás xornadas PLAMBE que tiveron lugar hoxe en Santiago de Compostela.
O formato volveu a ser presencial, despois das xornadas virtuais do curso pasado por mor dos protocolos antiCovid-19.
As charlas e obradoiros foron do máis interesantes e versaron sobre moitísimos e variados temas: lectura, literatura, comunicación, alfabetización mediática e informacional...
jueves, 17 de marzo de 2022
díA de saN paTriciO
Os departamentos de Inglés e de Debuxo fixeron este taboleiro para festexar o Día Nacional de Irlanda, St. Patrick's Day, o 17 de Marzo.









