domingo, 26 de septiembre de 2021

díA euRopeO daS linguaS 2021


Os alumnos de 1ºESO celebraron o Día Europeo das Linguas participando na proposta do Consello de Europa "Talk to me!"

Fixeron carteis traducindo este lema a moitas das linguas de Europa e, ademais, colocaron diversos carteis con curiosidades sobre elas.

Podedes ver o taboleiro no corredor do colexio!


lunes, 20 de septiembre de 2021

proXecTo 2021/22: aBrinDo porTaS a euRopA

 

Comezamos un novo curso con moitas ideas e proxectos.

Esperamos que sexa menos estresante que o anterior!

Como tema do novo PLAMBE decidimos profundizar sobre os nosos coñecementos sobre Europa... Pronto poñeremos máis novas!!!

miércoles, 30 de junio de 2021

Europa é o Camiño

 

maTrícuLas de hoNra

Este curso puidemos otorgar dúas Matrículas de Honra pola boísima traxectoria de dúas das nosas alumnas da ESO:

Sasha Padín e Lucía Méndez

Noraboa!!!!!!!!

acciÓn poÉtica 2021

Aroveitando que volveo o bo tempo, os alumnos de 4º de EPVA realizaron a "Acción Poética" deste curso: NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA... que cremos que resume este ano tan complicado!

lunes, 28 de junio de 2021

cAdÁvAreS exquiSitoS


Os Departamentos de Lengua Castellana e de Plástica, traballamos xuntos para realizar un traballo creativo sobre as Vangardas.
Os alumnos de 1º ESO colaboraron para crear "Cadáveres Exquisitos" tanto de Poesía como de Debuxo.

Un Cadáver Exquisito consiste en escribir ou debuxar, por quendas, nunha folla de papel que se dobra para tapar case todo o escrito/debuxado, deixando só a parte final.

Entón se lle pasa ao seguinte autor para que siga a creación en secuencia.

Din que o nome provén da frase que surxiú cando un grupo de surrealistas xogou por primeira vez: 
“Le cadavre - exquis - boira - le vin - nouveau” (o cadáver exquisito beberá o viño novo).



domingo, 27 de junio de 2021

gaÑadorEs das oLimPiadaS maTemáTicaS

O Departamento de Matemáticas entregou os diplomas e os vales regalo aos catro gañadores dos retos matemáticos deste curso (un por cada curso da ESO).

NORABOA AOS PREMIADOS!!!




miércoles, 23 de junio de 2021

viaXe arredoR do munDo

Os marabillosos alumnos de 3º de Primaria fixeron este curso unha verdadeira volta ao mundo:

Leron "La Vuelta al Mundo en 80 Días" de J. Verne, debuxaron o mapa por onde discorreu a viaxe, buscaron información de todos os países polos que pasaron, crearon o seu cadanseu pasaporte e maleta de viaxe... e ata tiveron o seus billetes de avión!!!

A verdade é que aprenderon moitísimo con este proxecto!!!

Aquí deixamos algunhas fotos:






viernes, 18 de junio de 2021

muRal soBre paTrimoNio LocaL


 "PINTANDO PORTAS" é o título deste mural sobre patrimonio local que estamos a pintar nunha das fachadas do colexio...

Toda a ESO está a poñer o seu graniño de area!