lunes, 8 de marzo de 2021

díA iNterNacional da muLLer 2021

O Departamento de Inglés da ESO uníuse ao reto "#Choose to Challenge" para celebrar o Día Internacional da Muller 2021.

Botadelle unha ollada ao vídeo dos alumnos de 4º... esperamos que vos guste!!!

8M na raDio rapeiRa

No blog da RADIO RAPEIRA publicamos un marabilloso podcast do grupo de 4º Primaria da profe Eva que fixeron para este 8 de Marzo.

Conta a historia de Pepiño e Maruxa... e ata canta toda a clase.

Premede AQUÍ para escoitalo!!!

muRal 8M

Os alumnos de 4º quixeron decorar unha columna da súa aula para celebrar a IGUALDADE.

Moitas grazas a Aroa, Mariña, Lucía M, Lucía F e Félix polo seu traballo!

martes, 2 de marzo de 2021

pitAs baiXo a choiVa

Os alumnos de 1º de Primaria, coa profe María, traballaron sobre o libro "As pitas baixo a choiva" de Carvallo Calero.

Disfrutaron e aprenderon moitísimo. Aquí os deixamos algunhas das súas creacións:


martes, 16 de febrero de 2021

diaRio de gReg

A profe Eva de 4º EP avisoume de que os seus marabillosos alumnos son uns verdadeiros fans do "Diario de Greg"!

Por iso levamos a nosa caixa de Greg da Biblio para que estea na súa clase un tempo e lles repartimos uns marcapáxinas especiais para que "NON sexan chaíñas" :)

Xusto ao final do curso pasado completamos a colección... pero agora estamos a aproveitar que hai pouco están a editalo en Galego para comezar a mercar os volúmenes!

Ademais van facer cadanseu diario... esperamos que o pasen moi ben e que aprendan moito!







ALfonSo X e GaLiciA: VisiTa virTuaL

 

O Consello da Cultura Galega subiu á Rede un audiovisual a modo de visita guiada, a mostra Afonso X e Galicia, sobranceira figura política e cultural do medievo con fortes vencellos coa nosa terra e do que se celebra, este ano, o 800 aniversario do seu nacemento. Precisamente na dita relación afonda Afonso X e Galicia.

A exposición que o CCG inaugurou o 12 de xaneiro está pechada por mor das circunstancias sanitarias actuais pero  volverase abrir ao público cando o permitan as circunstancias sanitarias e estará na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela até o 24 de abril.
A partir dese momento comezarán os itinerarios previstos e a a primeira das súas paradas será Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Visita guiada á exposición:  https://www.youtube.com/watch?v=ijixVHSr3zE&featu

Web da exposición: http://consellodacultura.gal/exposicions/axg/exposicion.html

lunes, 15 de febrero de 2021

hoMenaXe de leiCa á foTograFíA: "O Mundo merece testemuñas"

 

Leica (unha histórica marca de material fotográfico) ven de facer este marabilloso vídeo de homenaxe á Fotografía.

"The World deserves witnesses" que recolle imaxes sobre odio, amor, guerra, paz, tentación, tristura...

Bótalle unha olla nesta ligazón: PREME AQUÍ


coNcuRso de poEsíA: Alas de Papel

O Equipo de Correspondentes Xuvenís de Portas sube á súa conta de Instagram e ao seu blog algún concursos interesantes, como éste sobre Poesía: ALAS DE PAPEL.

Se estás interesado, bota unha ollada ao seu link PREMENDO AQUÍ.

domingo, 14 de febrero de 2021


Os alumnos de 1º ESO están a ler o libro "Mitos Griegos" de María Angelidou na materia de Lengua Castellana da profe Carmen.

A verdade é que á maioría lles está encantando!

Iso animounos en Plástica a facer algúns traballos creativos baseados nestas historias fascinantes: Perseo coa cabeza da Medusa, Apolo e Dafne, Poseidón, O rapto de Perséfone...

En 4º da ESO aproveitamos que estamos a estudar a Arte do Mundo Clásico e que se achegaba o Día dos Namorados para debuxar a carboncillo algunhas das estatuas de mitos gregos relacionados co amor máis fermosas e delicadas da Historia! 

Pronto presentaremos os resultados...




sábado, 13 de febrero de 2021

díA munDiaL da raDio


A nosa RADIO RAPEIRA segue funcionando... a pesares das dificultades!
Este ano, para festexar o Día da Radio (13 de Febreiro) o profe Johnny gravou cos seus alumnos de 2º un podcast explicando cómo é a nosa emisora.
Esperamos que vos guste!!!