O Equipo de Correspondentes Xuvenís de Portas sube á súa conta de Instagram e ao seu blog algún concursos interesantes, como éste sobre Poesía: ALAS DE PAPEL.
Se estás interesado, bota unha ollada ao seu link PREMENDO AQUÍ.
O Equipo de Correspondentes Xuvenís de Portas sube á súa conta de Instagram e ao seu blog algún concursos interesantes, como éste sobre Poesía: ALAS DE PAPEL.
Se estás interesado, bota unha ollada ao seu link PREMENDO AQUÍ.
A verdade é que á maioría lles está encantando!
Iso animounos en Plástica a facer algúns traballos creativos baseados nestas historias fascinantes: Perseo coa cabeza da Medusa, Apolo e Dafne, Poseidón, O rapto de Perséfone...
En 4º da ESO aproveitamos que estamos a estudar a Arte do Mundo Clásico e que se achegaba o Día dos Namorados para debuxar a carboncillo algunhas das estatuas de mitos gregos relacionados co amor máis fermosas e delicadas da Historia!
Pronto presentaremos os resultados...
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o profe Carlos, do Departamento de Bioloxía organizou unha videoconferencia coa Bióloga Andrea Rodríguez Alonso.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO, ben separados en distintas aulas, escoitaron con moito interese a presentación desta científica que está a facer a tese doctoral na Universidade da Coruña, na que investiga para conseguir frear a metastase do cancro!
A charla foi moi interesante, partindo da idea de que o que define a un bó científico nunca é o xénero! Tamén nos contou cómo foi a súa traxectoria de científica ata este momento: os seus logros, os seus obxectivos e tamén as dificultades polas que pasou.
Ao fnalizar os alumnos animaronse a facer moitas preguntas!!!
Tamén queremos facer mención á iniciativa "NO more Matildas", da Asociación de Mulleres Científicas, para poñer en valor o traballo e os logros de moitas mulleres que foron ignoradas sistemáticamente neste eido:
#CONÓCELAS #ASEICAMujer #11F #diamujeryniñaenciencia
Mirade a mensaxe tan fermosa que deixou Andrea en Twitter!:
Este ano o Día da Ilustración homenaxea a Lolita Díaz Baliño, unha artista pioneira en moitos eidos e que é aínda bastante descoñecida.
Dende a Asesoría de Bibliotecas fixéronnos chegar este vistoso cartel para festexar o día:
Para achegarnos á súa obra podemos ler este artigo na Voz de Galicia e revisar esta entrada na Wikipedia.
Este ano quixemos festexar o Día da Paz cuns programas de radio organizados polo profe Johnny:
Manifesto pola Paz e Poemas da Paz.
Botádelle unha ollada a este artigo da web do cole se queredes saber máis!
Os voluntarios de Bibliotecas Escolares Solidarias deste curso decidiron axudar na montaxe de mobles da biblio... Traballaron moito e moi ben!!! aínda que fan un ruido de tolos!
Moitas grazas a Bianca, Nerea, Xurxo, Carla e Yago.
Este é un proxecto interdisciplinar no que participaron as profesoras: María Roma (galego), Sara Rosales (plástica) e Susana Simó (inglés)
É unha actividade na que os rapaces e rapazas participan con moita ilusión xa que é moi emocionante recibir felicitacións de tódolos rincóns de Europa (aínda que este ano , por mor do Covid, serán maioritariamente virtuais).
Este é o estupendo resultado final dos nosos artistas!!! Desexándolles a todos unhas moi felices festas!!!!!
Os alumnos de 3º A están a ler o emotivo libro "Palabras de Caramelo" de Gonzalo Moure, un dos títulos da nosa Biblioteca Inclusiva.
Fala da historia de Kori, un neno xordo e o seu camello Caramelo, no Sáhara. E con é queremos celebrar este ano o Día Internacional das Personas con Discapacidade.
Fixeron ademais un panel sobre o moito que aprenderon!