Ramón, o noso conserxe, esforzouse a reo para montar todos os novos mobles da biblio!
Ademais repintou a parede e ancorou todas as estanterías para que sexan seguras para os rapaces.
Todo está quedando moi chulo... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Ramón, o noso conserxe, esforzouse a reo para montar todos os novos mobles da biblio!
Ademais repintou a parede e ancorou todas as estanterías para que sexan seguras para os rapaces.
Todo está quedando moi chulo... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Obradoiro de Cómic: THE WALKING DEAD
Os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron un obradoiro de cómic baseado na saga dos Mortos Vivientes, empregando tinta chinesa.
A verdade é que os resultados foron moi bos!
Seguindo o protocolo anti-Covid non espuxemos os traballos no taboleiro coma outros anos, porén podedes botarlles unha ollada as fotos.
Os rapaces de 3º de EP, coa súa profe Patri, comezaron xa a adentrarse no proxecto deste ano do noso PLAMBE: "O Camiño de Santiago".
Fixeron cadansúa cuncha de PEREGRINO coa CRUZ DE SANTIAGO para poñela ao pescozo... quedaron moi ben!!!
Cada 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas.
Este curso a nosa biblio non está todo o aberta que quixeramos... pero segue en funcionamento!
Para festexar este día decidimos dar un presente a cada alumno do cole:
Aos máis pequenos lles regalamos libros dos Bolechas sobre medio ambiente e reciclaxe, aos medianos libretas decoradas das bibliotecas e aos maiores camisetas. E marcapáxinas da nosa biblio para todos!
FELIZ DÍA!!!
O Día das Escritoras celébrase o luns máis cercano ao 15 de Outubro.
Pretende recuperar o legado das mulleres escritoras e facer visible o seu traballo na Literatura ao largo da Historia.
Nós aproveitamos esta ocasión para amosar os carteis de escritoras galegas que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colocou nalgunhas das aulas do noso cole!
A verdade é que é unha idea moi orixinal e que lles anima moito a seguir lendo a pesares do curso complicado que temos por diante!
Grazas ao orzamento para equipamento otorgado pola Xunta no Proxecto PLAMBE puidemos adquirir uns novos complementos para a nosa biblio: un moble de caixóns vermello para os xogos da B. Inclusiva, estanterías específicas para os DVDs, papeleiras con tapa, novos mobles por módulos para libros e un deshumidificador realmente práctico e elegante!
Aproveitamos para facer unha gran redistribución, limpeza e repintado da sala... pronto poremos fotos dos resultados!
Hoxe deixounos Joaquín Salvador Lavado, o famoso QUINO, creador da inmortal Mafalda.
Eu tiven o honor de coñecelo, hai xa moitos anos, cando veu a Sanxenxo con Juan Padrón, outro gran debuxante, que tamén nos deixou hai ben pouco 😔
Aquí deixamos algúns links a varios xornais que recollen esta triste nova:
Estamos a preparar o noso cole para facelo o máis seguro que poidamos fronte ao COVID-19:
Cambio de horario de recreo, aumento dos turnos de comedor, desmontaxe e almacenaxe de mobles, colocación de circuitos para a mobilidade, limpeza exhaustiva, novo cableado, aumento das zonas de acceso, división dos patios, separación entre pupitres, desdobre de grupos, aumento de gardas, colocación de cartelería e xel hidroalcohólico…
E, sobre todo, a adaptación da nosa querida BIBLIOTECA, que xa servía de lugar de lectura, academia de Xadrez, espazo para traballar en grupo, sala de exposicións, aula de Valores Éticos, recreo sempre que chove, cine, salón de actos “improvisado”, aula do Plan Madruga, sala de reunións… e agora tamén de COMEDOR!
Por favor, estade atentos ás instruccións que os vaiamos dando e seguide as normas para que este curso acabe con éxito.
Moitas grazas!!!
P.D. Seguiremos aumentando a galería de fotos: