viernes, 19 de junio de 2020

paSaMenTo do eScriTor caRloS ruiZ zaFóN

Cada libro, cada tomo que ves, tiene alma. El alma de quien escribió, y el alma de quienes lo leyeron y vivieron y soñaron con él". 
La Sombra del Viento. @ZafonOficial


Hoxe faleceu o escritor Carlos Ruiz Zafón, autor das marabillosas "La Sombra del Viento" e "El Cementerio de los Libros Olvidados", entre outras.

En canto a "nova realidade" nolo permita... visita a nosa Biblio para atopalos!

miércoles, 17 de junio de 2020

Medo e outros animais


Paula Rego - Good Dog


Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que se atrevesen a exorcizar os seus medos e temores. Que mellor xeito hai de facelo que escribindo poesía? Para iso, seguiron o modelo do poema «Fear», do escritor estadounidense Raymond Carver, e que souberon adaptar ás súas necesidades individuais.
Algúns deles, porén, preferiron indagar noutros sentimentos ou emocións diferentes, como a ledicia, a tenrura, o afecto... e mesmo nos soños. Algunha rapaza contribuíu tamén cun poema un chisco diferente...
Na seguinte presentación podedes atopar un bo feixe de fermosos textos (tedes a opción de poñela en pausa para lelos co detemento que requiren e merecen). Moitas grazas e parabéns a todos!
 

GuíaS dE lecTuRa caRa ao veRáN


A Asesoría de Bibliotecas ven de crear un apartado para recoller as distintas Recomendacións de Lectura para o Verán que van propoñendo as Biblotecas Escolares...
Bótadelle unha ollada á ligazón!

lunes, 15 de junio de 2020

Poesía visual



Na materia de Lingua Castelá e Literatura prupoxémoslles aos nosos alumnos que se achegaran ao fascinante mundo da poesía visual a través dunha escolma de obras de Nicanor Parra, Joan Brossa, Chema Madoz, Guillaume Apollinaire, etc. A continuación eles debían ben facer as súas propias obras seguindo eses modelos, ben compoñer un poema a partir dalgunha das imaxes propostas.
Velaquí tedes os estupendos e suxestivos resultados. Moitas grazas e parabéns a todos!



viernes, 12 de junio de 2020

«Las personas curvas»

Jesús Lizano (1931-2015)
Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos de 2º da ESO que leran (e escoitaran) o poema «Las personas curvas», do heterodoxo e xenial mamífero, poeta e pensador Jesús Lizano, cuxo quinto cabodano se cumpriu hai uns días.
A continuación suxerímoslles que compuxesen un poema persoal que seguise o de Lizano como modelo. Porén, Zaira Ruibal Rivas, de 2º ESO A, animouse a facer un emotivo recitado, que agora compartimos con todos vós.
Deixámosvos aquí este saboroso petisco mentres agardamos polos traballos dos seus compañeiros:

Moitas grazas e parabéns, Zaira!

Cabaret Voltaire


Nesta ocasión, os nosos alumnos de Lingua Castelá e Literatura deixáronse inspirar polos manifestos de Tristan Tzara e seguiron as súas instrucións para elaborar un poema dadaísta. Os resultados son realmente salientables! 
Parécense os poemas aos seus autores? Resultan feiticeiros? Na presentación poderedes comprobalo, pero o grupo dadaísta de Portas nada lle ten que envidiar a Hannah Höch, Hugo Ball ou Kurt Schwitters! Fümms bö wö tää zää Uu, pögiff, kwii Ee!  
Moitas grazas e parabéns a todos!


jueves, 11 de junio de 2020

eX liBriS


Aquí vos deixamos unha escolma de deseños de ex-libris que fixeron os alumnos de Gravado e Estampación (G.R.E.S.) de 1º e 2º da ESO.

Un ex libris é unha marca de propiedade que consiste nun selo que se estampa no reverso da cuberta dun libro, e que contén o nome do seu dono ou da biblioteca á que pertence e, moitas veces, un debuxo que fai referencia aos gustos do propietario.

Dito nome (ou iniciais) vai precedido normalmente da expresión latina ex libris que significa:“de entre os libros de...” 

A idea é facelos en caucho cando volvamos ao cole!!!

Booktráiler de «Don Quijote de La Mancha»


Compartimos con todos vós o divertido booktráiler sobre Don Quijote de La Mancha, de Miguel de Cervantes, realizado por Lucía Piñeiro Pérez (1º ESO) para a materia de Lingua Castelá e Literatura. Agardamos que aqueles que aínda non vos achegarades a el vos animedes a ler este divertido e intelixente clásico da Weltliteratur. Moitas grazas e parabéns, Lucía!

Videopoemas de 2º ESO



Compartimos dous novos videopoemas, neste caso realizados por Soraya García Jamardo e Hugo Sayáns Mosquera, ambos alumnos de 2º ESO A, nos que plasman as emocións e reflexións que lles suscitou a situación excepcional que vivimos. Agardamos que vos gusten. Parabéns e moitas grazas, Soraya e Hugo!

miércoles, 10 de junio de 2020

biBlioTecA creaTivA: noVos deSeñoS

Estamos a facer novos deseños para a nosa impresora 3D... 
Aquí podedes ver unhas fichas de puzzle e as primeiras pezas do noso futuro taboleiro de Xadrez que imprimiremos en fío fluorescente!