miércoles, 10 de junio de 2020
faVorite fiLmS anD booKs
Os alumnos de Inglés de 3º da ESO fixeron estes videos para explicarnos cales son os seus libros e pelis favoritos!
coVid-19 inFormaTioN
Esperamos que vos guste e que aprendades moitísimo.
Grazas a todos polo voso traballo!!!
martes, 9 de junio de 2020
coRresPondenTes xuVeníS
Rematamos por este ano a nosa participación no Plan Proxecta Correspondentes Xuvenís 3.0
Non acabou como esperabamos... pero fixemos o que puidemos!
Este curso o equipo de correspondentes foi un pouco preguiceiro... pero a verdade é que o compensan coa súa simpatía (menos mal!)
E o deberon de pasar moi ben en Gandarío... porque é o que máis recordan...
Moitas grazas a todos por participar!!!
Botamos de menos aos dous que xa non están no cole: Damian e Camila!

viernes, 5 de junio de 2020
Curtametraxe: «El agua deshidrata»
Na materia de Lingua Castelá e Literatura propuxémoslles aos nosos alumnos que realizaran un videopoema, pero a algúns deles parece que lles soubo a pouco a idea e lanzáronse a facer unha curtametraxe. Este é o caso de Zaira Ruibal Rivas (2º ESO A) e de Simón Seijo García (2º ESO B), que nos queren sorprender co seu traballo El agua deshidrata. Trátase dunha curtametraxe de corte experimental, con claras influencias de David Lynch e do primeiro Michael Haneke, na que a realidade e a ficción se mesturan para propoñernos unha reflexión sobre os perigos que conleva o consumo acrítico e impensado de informacións non contrastadas. A pesar das dificultades xeradas pola situación de corentena, estes dous mozos realizadores, guionistas e intérpretes fan unha abraiante despregadura de medios e inxenio para ofrecernos unha, pola súa duración, pequena obra mestra da séptima arte. Prometen seguir asombrándonos cunha segunda curtametraxe e confiamos en que continúen progresando nos vieiros do cinema. Moitas grazas e parabéns, Zaira e Simón!
díA muNdiAl do mEdiO aMbiEnTe
Hoxe, 5 de Xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este curso, o tema do noso PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) foi "Un Mundo Sostible".
Por mor do confinamento non puidemos facer todas as actividades sobre reciclaxe, sostenibilidade e coidado do medio ambiente que tiñamos previstas... Porén, a nosa idea sempre foi implementar estas iniciativas no centro para que representasen un cambio nas nosas dinámicas diarias, polo que nos próximos cursos retomaremos e/ou reformularemos moitos destes proxectos.
Aquí os deixamos algunhas ligazóns a temas de actualidade:
"Coronavirus y cambio climático""Los océanos ya están sufriendo los estragos de la COVID"
Mensaxe do secretario Xeral da ONU
FELIZ DÍA A TODOS!!!
miércoles, 3 de junio de 2020
aPadRiñAmenTo lectoR e lecTurA comParTida
Este curso non puidemos facer a xa tradicional xornada de lectura compartida e apadriñamento lector por mor da pandemia 😔
A verdade é que foi unha pena... porque sempre resultaba un día moi interesante e daba lugar a unhas fotos realmente bonitiñas!
Porén, algúns dos nosos alumnos quixeron deixar a súa pegada lendo uns anaquiños dalgúns contos e poemas para facernos máis amena a cuarentena.
Aquí están os seu vídeos... MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!! sodes marabillosos 😊
deScriBinG aniMalS
Aquí tedes outro vídeo dos alumnos de Inglés como parte do proxecto da teacher Rebeca con descricións e debuxos sobre animais realizado durante o confinamento.
Os protagonistas son alumnos de 1º, 3º e 4º de E. Primaria.
Nesta ocasión anímanse a falar diante da cámara... Moi ben feito chicos!!!
aniMal riDDle
A teacher Rebeca de Inglés fixo este fermosísimo vídeo cos alumnos de 2º de Primaria que recolle un dos traballos realizados durante o confinamento.
O proxecto consistía en elaborar unha adiviña de xeito cooperativo e acompañala con debuxos de animais que teñen (ou non) o que eles reflexan.
Estes marabillosos alumnos aprenden vocabulario á vez que fomentan a súa creatividade!
Moitísimas grazas a todos por participar!!!
DO YOU DARE TO SOLVE THE RIDDLES???
martes, 2 de junio de 2020
StOP RAcISM
Para ver outros traballos desta interesante ilustradora: Delphine Labedan
E aquí a fermosísima obra de Benjamin Lacombe
E aquí a fermosísima obra de Benjamin Lacombe
Youtubeir@s 2020 (GALEGO)

Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira.
Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube. Pódese participar cun vídeo, con varios vídeos e/ou cunha canle.
- Todos os vídeos inscritos teñen que estar publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019 na plataforma de vídeos Youtube, sen restricións de privacidade e cos cancelos #youtubeiras #youtubeiros na descrición do vídeo.
- No caso de presentar unha canle, esta ten que conter cando menos 5 vídeos realizados con data posterior ao 27 de setembro de 2019, estar en galego e ter na descrición os cancelos #youtubeiras #youtubeiros, sen restricións de privacidade.
- Os vídeos individuais que sexan presentados a Youtubeir@s teñen que estar integramente en galego.
- As canles de Youtube presentadas deben ter a maioría dos vídeos en galego.
- Os títulos dos vídeos, as descricións e os subtítulos permanentes (de habelos) teñen que estar en galego.

Para ver os Premios visita a sua web!!!: https://youtubeiras.gal/
O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premios Youtubeir@s é ata o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde.
O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premios Youtubeir@s é ata o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde.
As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)