viernes, 17 de abril de 2020

hoMenaXe a doMinGo fonTáN 2020

Este ano non puidemos acudir, por mor do confinamento, á homenaxe que todos os anos fan na casa da cultura de Portas á figura de Domingo Fontán.
Tamén tivemos que pospoñer cara ao curso que ven o obradoiro sobre Gravado Litográfico que íamos facer no taller de Plástica para aprender de preto cómo se gravaros as pedras que deron lugar á estampación da famosa Carta Geométrica de Galicia.
Porén, seguimos a recoller os proxectos sobre o científico no noso blog e tamén maquetamos o libro correspondente á memoria do curso 2018/19 que regalaremos en canto poidamos á Asociación Domingo Fontán.
Ademais estamos a facer deseños par a impresora 3D relacionados con Domingo Fontán: moldes, figuras, chaveiros... a ver se pronto podemos imprimilos!


haiKúS poLo conFinamenTo


A profe María Roma do Departamento de Galego propuso esta interesante actividade aos seus alumnos de 2º e 3º da ESO: compoñer haikús co tema do confinamento que estamos a vivir.
Esperamos que vos gusten!


jueves, 16 de abril de 2020

deSeñoS 3D

Grazas á profe Teba, que estivo no noso cole moitos anos, comezamos a empregar a aplicación en liña de Deseño 3D Tinkercad.
A verdade é que é moi sinxela de usar e moi divertida!
Comezamos por facer as tarefas de adestramento que xa trae a propia aplicación pero pronto quixemos lanzarnos a deseñar as nosas propias pezas: moldes para xabóns co logo da biblio, selos de estampación personalizados, chaveiros coa cara de Domingo Fontán, pezas de puzzle...

miércoles, 15 de abril de 2020

arTe no coNfiNamEnTo

Estamos recollendo pouco a pouco varias interesantes iniciativas relacionadas coa Arte para pasar un pouco mellor esta cuarentena...
Esperamos que vos gusten!
COVID COLOR (rtve)



tiPS to BE EcO -FRieNDLy

O Departamento de Inglés colabora unha vez máis co noso proxecto do PLAMBE "Un Mundo Sostible" dándonos uns interesantes consellos para ser máis ecolóxicos e axudarnos a aforrar recursos.
Tomade nota!

O primeiro vídeo vai sobre a rutina nocturna ecolóxica (Miriam e Blanca)


O segundo vai sobre rebaixar os desperdicios de comida (Lorena e Nayara)


E o terceiro sobre a reducción no uso do papel e a súa reciclaxe (Sergio, Dani e Juan)

martes, 14 de abril de 2020

ciEnciA fiCcióN

El Equipo de la Biblioteca y el Departamento de Lengua Castellana estamos preparando una exposición de libros de Ciencia Ficción, aprovechando que este año 2020 se cumple el primer centenario del nacimiento de Isaac Asimov.
Revisando nuestros fondos nos hemos dado cuenta de que en realidad tenemos muy pocos libros de este género y, para arreglarlo, decidimos investigar y ampliar nuestra selección!

El profe de Lengua, Santiago Sanjurjo, hizo esta lista de recomendaciones y empezamos a adquirirlos gracias al presupuesto que la xunta nos concedió a través del PLAMBE.
Esperamos que os gusten!

sábado, 4 de abril de 2020

luiS eduaRdo auTe

Hoxe deixóunos o polifacético creador Luis Eduardo Aute.
A nova en El País
Deixamos aquí algunhas letras das súas fermosas cancións como a nosa homenaxe.


Algunhas das súas cancións:



jueves, 2 de abril de 2020

díA munDial do liBro iNfanTil e xuVeniL 2020


A pesares da situación, vimos de celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que conmemora a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Este ano leva o lema "Fame de palabras".

Sabedes xa todos que as bibliotecas escolares permanecen abertas, aínda que na lexanía...

Para celebralo, moitas das bibliotecas escolares de Galicia propuxeron interesantes actividades que podedes revisar nesta ligazón da Asesoría de bibliotecas!


jueves, 26 de marzo de 2020

ENvIRoNmENTaL rAP

Os estudiantes de 3º da ESO redactaron e cantaron uns marabillosos raps sobre temas ambientais na materia de Inglés coa profe Susana...
A verdade é que foron realmente valientes e creativos... escoítaos en youtube!!