jueves, 30 de enero de 2020

dÍa da paZ 2020/2

Os profes Vicente e Patri, do 1º Ciclo de Primaria fixeron cos seus marabillos alumnos esta pomba da Paz con tapóns reciclados.
Quedou realmente preciosa!
Ademais as profes de Infantil, Eva, Yolanda e Flora, fixeron cos máis pequenos do cole estes símblos da paz multicores con material de refugallo para facerlle este bonito marco!:

díA dA pAz 2020/1

Toda Primaria, coa colaboración das familias, participou na proposta do Equipo da Biblioteca par deseñar cadanseu símbolo da Paz con material de refugallo.
Houbo ideas realmente chulas!!
Aquí deixamos algunhas das creacións:

miércoles, 22 de enero de 2020

charLa soGaMa


SOGAMA levou a cabo na nosa Biblioteca unha charla explicativa sobre reciclaxe activa para os alumnos de E. Primaria.
Foi moi interesante e, ademais de divertirse, aprenderon moito sobre o tema, á vez que puideron resolver algunhas das súas dúvidas, por exemplo que os botes de medicamentos baleiros tamén hai que levalos ao Punto Sigre das farmacias, a pesares de seren envases, ou que os corchos das botellas van ao contenedor verde por seren produtos orgánicos!

lunes, 20 de enero de 2020

díA de mArTin luTheR kiNg

Os departamentos de Inglés e de Debuxo xuntáronse, unha vez máis, para celebrar o Día de Martin Luther King, que se festexa cada ano o terceiro luns de Xaneiro, data que coincide preto do seu nacemento.
Este ano os alumnos de 4º da ESO fixeron un proxecto que fala dos sonos... Cal é o teu?
Aquí podedes ver todas as fotos:

miércoles, 8 de enero de 2020

cenTeNariO dE gaLdóS

Dende a Biblioteca do CPI Domingo Fontán celebramos o primer centenario do pasamento do escritor Benito Pérez Galdós (o 4 de Xaneiro do 2020) cunha exposición que recolle algunhas pinceladas da súa obra, datos de relevancia e un interesante artigo no xornal:

calenDariO 2020


Un ano máis colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega na realización da portada do calendario para este ano...
Eleximos a imaxe de Domingo Fontán, pero realizada con material de refugallo polo Departamento de Plástica e sobre unha das marabillosas, e moi usadas, mesas do taller!!

viernes, 20 de diciembre de 2019

coRResPonDentEs xuVeníS 3.0

Este curso participamos de novo no Plan Proxecta Correspondentes Xuvenís 3.0
O alumnado participante é o de 4º da ESO e a súa tarefa, un ano máis, é a de espallar pola contorna toda a información interesante que nos envía a Dirección de Xuventude da Xunta.
O que máis lles gustou, dende logo, foi o encontro de correspondentes xuvenís que se celebrou no albergue de Gandarío no que levaron a cabo moitísimas actividades!

bo nAdaL!!!


Para despedirnos ata o vindeiro ano deixamos aquí a imaxe que os rapaces de 2º da ESO fixeron para o calendario 2020 e que constitúe unha "eco-árbore" de Nadal...
Con ela queren lembrarnos as 3R: reducir, reutilizar e reciclar!


naDaL 2019: aNinoVo

O departamento de Extraescolares organizou un ano máis unha festa de Aninovo con campanadas... nesta vez cun reloxo de verdad!!!
O pasamos de marabilla e nos despedimos ata o 2020.
MOI BOAS FESTAS A TODOS!

naDaL 2019: repResenTacióNs

Un ano máis, a profe María, de Galego, preparou cos alumnos do Club de Lectura unhas cantas representacións de carácter navideño.
O departamento de Plástica axudou cos decorados.
A verdade é que os actores o fixeron moi ben... e mantiveron ao público ben interesado!