lunes, 18 de noviembre de 2019

mEs da ciEnciA en gaLegO

Fai xa moitos anos que dende a nosa biblioteca dedicamos Novembro para celebrar o mes da Ciencia.
Este curso, ademais, contamos cun orzamento especial para a adquisición de fondos S.T.E.A.M .otorgado pola Xunta de Galicia a través da Asesoría de Bibliotecas.
As siglas STEAM veñen de Science, Technology, Engineering, Art e Mathematics.
Grazas a el aumentamos os fondos da nosa Biblio con moi interesantes adquisicións nestas materias: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas, pois a verdade é que, agás de Arte, andabamos bastante escasos!
Ademais aproveitamos para suscribirnos a varias revistas: Muy Interesante, nathional Geographic e Historia... cuxos exemplares estarán na nosa Biblio a partires de Xaneiro.
Esperamos que os disfrutedes!!!
Cos novos libros fixemos unha exposición para presentar as novidades a toda a comunidade educativa.

lunes, 11 de noviembre de 2019

anXo mouRe


O Equipo da Biblioteca, xunto co Departamento de Orientación, organizou unha actuación de Anxo Moure, un escritor, contacontos e ecoloxista moi implicado no coidado da Natureza, cousa que nos combina de forma xenial co tema do PLAMBE deste curso: UN MUNDO SOSTIBLE!

Tanto os espectadores de Primaria como os da ESO o pasaron de marabilla e arenderon moitísimo!

miércoles, 30 de octubre de 2019

SaMAín 2020/11

O Club de Lectura de Galego organizou un ano máis representacións terroríficas na nosa Biblioteca.
Aquí podedes ver unha selección de fotos:
E aquí unha das representacións:




SaMAín 2020/10

Fixemos un taboleiro cos gañadores do I Certame de Relatos de Terror do CPI Domingo Fontán.
Moitísimas felicidades a Antía, Nayara, Hugo, Nerea, Lucía, Sara...

SaMAín 2020/9

O Club de Lectura de Galego organizou unhas representacións de medo polo Samáin!
Ademais a profe Susana de Inglés preparou cos alumnos de 4º da ESO unha escena que nos explica oa orixe da tradición da Catrina e do Día de Mortos en Inglés.
Por último a Biblioteca aproveitou para entregar os premios do concurso de relatos e poemas de terror aos magníficos gañadores, que nos leron as súas obras!


SaMAín 2020/8

Pouco a pouco foron pasando personaxes polo altar a sacarse unha foto!

SaMAín 2020/7

Obradoiro de maquillaxe no taller de Plástica polo Samaín!

martes, 29 de octubre de 2019

SaMAín 2020/6


Aquí temos por fin o noso propio Altar de Mortos! Co papel picado, caveiras, flores e alimentos!
Aproveitamos para facer a nosa exposición de libros de medo, entre a que hai moitas novidades este ano!.
Éstes teñen que ser os elementos:

lunes, 28 de octubre de 2019

SaMAín 2020/5

O Equipo de Extraescolares organizou un ano máis o seu famoso concurso de cabazas de Samaín.
Cada ano o nivel parece superarse!!!
Ademais este ano moitos uníronse á celebración do Día de Mortos mexicano e decoraron cabazas coma catrinas que quedaron fermosísimas:

SaMAín 2020/4

Na materia optativa de Gravado e Estampación deseñamos uns linoleogravados moi xeitosiños de Catrinas.
Non foi doado para os alumnos de 2ºESO facer tanta filigrana... e algúns cortiños sufriron... aínda que o resultado foi realmente incrible!!!