viernes, 25 de octubre de 2019
SaMAín 2020/3
Os alumnos do 1º Ciclo de E. Primaria tamén se meteron no papel de Día de Mortos e puxeron cor a unhas fermosas catrinas de papel... esperamos que vos gusten.
As colocaremos na nosa exposición da Biblio!!!
SaMAín 2020/2
Co gallo do Samaín dedicado aos altares de mortos mexicanos, quiximos disfrazarnos de Catrinas...
Para facer o tocado de flores decidimos empregar papel reciclado de libros estragados.
Quedaron realmente bonitas e o pasamos moi ben facéndoas!
Puxemos unha ligazón na web do cole con distintos modelos de flores de origami... por se os apetece probar!!
Para facer o tocado de flores decidimos empregar papel reciclado de libros estragados.
Quedaron realmente bonitas e o pasamos moi ben facéndoas!
Puxemos unha ligazón na web do cole con distintos modelos de flores de origami... por se os apetece probar!!
jueves, 24 de octubre de 2019
díA muNdiaL daS biBLioTecaS
Para celebrar o Día Mundial das Bibliotecas este 24 de Outubro de 2019, fixemos esta exposición no taboleiro da Biblio no que recollemos un fermoso escrito "La sin cuento"que reivindica o papel das Bibliotecas e o seu labor na inclusión de todos e que remata así:
Esperamos que vos guste!
"Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto,
das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser
princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos
bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do
tempo e de grandes tesouros como son os libros."
lunes, 21 de octubre de 2019
cerTame liTerariO
O Departamento de Galego da ESO organizou un concurso de relatos de medo co gallo do Samaín!
Haberá un premio para contos e outro para poesía para cada curso... PARTICIPA!!!
Os premios concederanse o día 30 na celebración do Día de Muertos do cole...
Haberá un premio para contos e outro para poesía para cada curso... PARTICIPA!!!
Os premios concederanse o día 30 na celebración do Día de Muertos do cole...
coMpoSTaxE
A Deputación de Pontevedra e o Concello de Portas ofrecéronnos un obradoiro moi interesante sobre reciclaxe de material orgánico para todos os alumnos do centro.
O marco incomparable para estas charlas foi a Azucareira de Portas... e tivemos a sorte de contar cun estupendo día soleado...
Baixamos por grupos para que o aproveitamento dos alumnos fose máximo... e todos regresaron ao cole con cadansúa plantiña nunha maceta!Neste vídeo podedes ver máis fotos:
Aquí podes botar unha ollada par ter máis información sobre o PROXECTO REVITALIZA
sábado, 19 de octubre de 2019
turiSmo SOStible
O Departamento de Inglés da ESO fixo este taboleiro co traballo de investigación para promoción do Turismo Sostible para concienciarnos sobre este tema!
AniMacióN á LecTura
Os profes Vicente e Patricia do 1º Ciclo de E. Primaria fixeron estes pasaportes de lectura para os seus marabillosos nenos!
Esperamos que lean taaaanto coma o curso pasado:
Esperamos que lean taaaanto coma o curso pasado:
viernes, 11 de octubre de 2019
venCellO eRaSmuS+
Acudimos a unhas xornadas de Vencello Erasmus+ organizado polo C.A.F.I. en Santiago de Compostela para poñernos en contacto con outros centros seleccionados para participar neste programa e aprender moito deles... sempre coa inestimable axuda de Luz Ares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









