Estas fotos non reflexan as marabillosas actuacións dos nosos alumnos de Secundaria no festival de imitacións de grupos do s.XX que fixemos na Azucareira, a modo de "Tu cara me suena".
Non podemos estar a todo! polo que os profes do Equipo da Biblio entre actuar... axudar a maquillar... e facer de xurado... non puidemos gravar aos rapaces como o merecían!
A verdade é que todos foron moi valentes e concienzudos á hora de imitar aos grandes, tanto no vestiario coma nos e bailes e xestos, e ata nos tatuaxes!!!: Jackson Five, Alaska, Mecano, Abba, Guns´n Roses, Queen, Spice Girls, Supremas de Móstoles, Bonnie Tyler...
Foi dificilísimo elixir aos gañadores, de feito tivemos que aumentar os premios e dar dous 3º Premios: As Supremas de Móstoles (Sergio, Lidia e Adriana), simpatiquísimos!, e Bonnie Taylor (Vanesa), a única actuación en solitario!.
O 2º posto foi para as Spice Girls: Alexia, Nerea, Nayara, Blanca e Camila, que ían guapísimas e que non só bailaron xenial... senón que conseguiron dar ata a voltereta lateral!
E o 1º Premio foi para o "Live Aid" de Queen... inmexorable Alberto na pel de Freddie imitando cada un dos seus movementos (axudado pola iluminación do profe Johnny!) e moi ben acompañado por Martín (J. Deacon), Dani (Brian May) e Óscar (R. Taylor). Estes dous últimos xa fixeran de Queen na marabillosa recreación de "I want to break free" no Entroido!
martes, 28 de mayo de 2019
lunes, 27 de mayo de 2019
obRadoiRo de raDio
Por fin puidemos facer o obradoiro de radio co Laboratorio de Radio.
A verdade é que foi moi divertido: participamos profes e alumnos de Primaria e Secundaria... gravamos sons e fixemos exercicios de voz, entrevistas, indicativos, anuncios...
Aprendemos moitísimo e o pasamos de marabilla!
A verdade é que foi moi divertido: participamos profes e alumnos de Primaria e Secundaria... gravamos sons e fixemos exercicios de voz, entrevistas, indicativos, anuncios...
Aprendemos moitísimo e o pasamos de marabilla!
viernes, 24 de mayo de 2019
bloQue da raDio na páXina weB do coLe
Creamos un bloque específico na páxina web do colexio para publicar os podcasts da nosa Radio da Biblio.
A dirección é http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidomingofontanportas/radio
Esperamos que vos guste!!!
jueves, 23 de mayo de 2019
booKtuBers de 1º eSo
A profe María Roma do Departamento de Galego conseguiú que os rapaces de 1º fixesen un vídeo explicando e recomendando os seus libros preferidos!
martes, 14 de mayo de 2019
MuSic of 20th cenTurY
Os marabillosos rapaces de 4º da ESO fixeron estes vídeos en Inglés sobre algúns dos grupos musicais máis famosos do s.XX: Queen, The Beatles, Guns & Roses...
A verdade é que quedaron de marabilla!
lunes, 13 de mayo de 2019
funDacióN seCreTariado xiTano
"#Yonosoytrapacero": para sensibilizar contra a definición de xitano que hai no diccionario da RAE.
"Lección Gitana": que fai un repaso sobre os acontecementos máis importantes da Historia do Pobo Xitano.
ou "El tatuaje que más duele", contra a discriminación que sofre esta minoría e a favor da dignidade do pobo xitano.
Ademais, aumentamos os fondos da nosa Biblio con fermosísimos libros protagonizados por nenos xitanos coma:
"Iliana, la niña que escuchaba el viento", "Las historias de Manuela", "Patatita" o "Melodía en la ciudad", cos marabillosos debuxos de Benjamin Lacombe! Autor, ademais, dos debuxos da marabillosa xitana Carmen de Prosper Merimée.
viernes, 10 de mayo de 2019
reOrdeNación da biBlio
O asesor de bibliotecas visitounos no 2º trimestre e aconsellounos cambiar os libros de Non-Ficción, que esteban no corredor, para o interior da Biblioteca, pois así están ao alcance de calquera que queira facer unha consulta ou un traballo de investigación!
Esto supuxo que nos animáramos a facer un novo expurgo e así puidemos eliminar algunha das estantarías para facer máis diáfano todo o espazo.
Por outro lado, Susana Sabarís, Susana Simó e Sara, estamos a rexistrar e etiquetar os fondos de non ficción divididos por temas, cunha CDU específica en cada caso e unha raia de distinta cor para facilitar a localización dos libros tamén aos máis pequenos!.
O curso pasado fixeramos a parte de Arte, e éste a de Música, Xadrez, Xogos e Deportes, Matemáticas e Cultura Clásica.
Ademais, a profe de Inglés da ESO cambiou todas a etiquetas dos libros para seguir un código de cores segundo a dificultade da lectura!
Imos pouco a pouco porque é un traballo inxente e temos moi poucas sesións para levala a cabo... de xeito que si non atopades un libro, non dubidedes en preguntarnos!
jueves, 9 de mayo de 2019
visitA do ieS boUza breY III
visitA do ieS boUza breY II
A profe Susana, do Departamento de Sociais, explicou aos visitantes do Bouza Brey a exposición que fixeron sobre a Historia da Cartografía de Galicia e, ademais, lles amosou as fotos dos proxectos que realizamos este curso e o anterior sobre a figura de Domingo Fontán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








