lunes, 22 de abril de 2019

aniMacióN á lecTuRa

Os alumnos do 1º Ciclo de Primaria anímannos a ler e a visitar a nosa biblio con este simpático vídeo!

sábado, 20 de abril de 2019

homEnaXe a foNtán na caSa da cuLturA

Unha estupenda representación do cole asistiú á homenaxe a Domingo Fontán que celebra todos os anos por estas datas a Asociación Cultural que leva o seu nome.
A profe Flora foi a encargada de darlles os nosos agasallos: un collage feito por todos os alumnos do colexio e un libriño que recolle o proxecto sobre o grande científico que levamos a acabo o curso pasado coordinado pola Biblioteca.
Esperamos que lles gustara!!!

miércoles, 17 de abril de 2019

aniVerSario doMingO fonTán




Estes son os agasallos que temos preparados para levar ao acto que a Asociación Cultural Domingo Fontán organizou co gallo do aniversario do científico: un marco co collage realizado por todo o colexio e un libriño que resume o proxecto sobre Fontán coordinado dendea Biblioteca o curso 2017/18.

lunes, 15 de abril de 2019

ediFiciO deCoraDo coN liBros

Atopamos na rede unha fachada dun edificio decorada con libros en andeis como nunha Biblioteca!

viernes, 12 de abril de 2019

coLoquiO coN fiNa caSaldeRreY

A escritora Fina Casalderrey acudiú á nosa Biblioteca a dar unha charla aos alumnos do cole!

jueves, 11 de abril de 2019

coLLagE de d. fOntÁn

Este curso todo o centro uniúse para facer unha homenaxe artística a Domingo Fontán co gallo do aniversario do seu nacemento.
Todos os alumnos dende Infantil a 4º da ESO colaboraron cun anaco desde creativo collage.
A idea é enmarcalo e levalo de agasallo á Asociación Domingo Fontán na cerimonia a que estamos todos os anos convidados.

lunes, 8 de abril de 2019

noRmaS en piCtoGraMas

A profe María (de Audición e Linguaxe) deseñou estes pictogramas coas normas da Biblioteca para que as entendan todos.
Forma parte do noso proxecto de Biblioteca Inclusiva para este ano 2019, no que seguiremos traballando e informando!!!

sábado, 6 de abril de 2019

rAdiO na biBliO



Este curso a Biblio participa nun programa moi especial que trata de achegar a radio ás escolas.

Estamos a seleccionar e mercar o equipamento e a insistir para que nos habiliten un recuncho apropiado...

Pronto comezaremos a emitir e colgaremos aquí toda a información!!!

díA daS aRteS gaLegAs 2019

Este 1 de Abril festexamos o Día das Artes Galegas dedicado a Luis Seoane, que ademais dun gran escritor foi un estupendo pintor e gravador. Por iso o Departamento de debuxo colaborou co EDLG na recreación dalgúns dos seus mellores gravados.
Os alumnos de 1º e 2º da materia de GRES (Gravado e Estampación) realizaron e estamparon estes fermosos linoleogravados que expuxemos no taboleiro do corredor!!!