Este curso todo o centro uniúse para facer unha homenaxe artística a Domingo Fontán co gallo do aniversario do seu nacemento.
Todos os alumnos dende Infantil a 4º da ESO colaboraron cun anaco desde creativo collage.
A idea é enmarcalo e levalo de agasallo á Asociación Domingo Fontán na cerimonia a que estamos todos os anos convidados.
jueves, 11 de abril de 2019
lunes, 8 de abril de 2019
noRmaS en piCtoGraMas
A profe María (de Audición e Linguaxe) deseñou estes pictogramas coas normas da Biblioteca para que as entendan todos.
Forma parte do noso proxecto de Biblioteca Inclusiva para este ano 2019, no que seguiremos traballando e informando!!!
sábado, 6 de abril de 2019
rAdiO na biBliO
díA daS aRteS gaLegAs 2019
Este 1 de Abril festexamos o Día das Artes Galegas dedicado a Luis Seoane, que ademais dun gran escritor foi un estupendo pintor e gravador. Por iso o Departamento de debuxo colaborou co EDLG na recreación dalgúns dos seus mellores gravados.
Os alumnos de 1º e 2º da materia de GRES (Gravado e Estampación) realizaron e estamparon estes fermosos linoleogravados que expuxemos no taboleiro do corredor!!!
Os alumnos de 1º e 2º da materia de GRES (Gravado e Estampación) realizaron e estamparon estes fermosos linoleogravados que expuxemos no taboleiro do corredor!!!
lunes, 1 de abril de 2019
miércoles, 27 de marzo de 2019
corrEspOndEnteS xuVeníS
Un equipo de voluntarios de 4º da ESO participa este curso no Plan proxecta Correspondentes Xuvenís 3.0 no que reciben, analizan e publican todo tipo de información relacionada coa xuventude que pode ser de interese para a contorna.
Ademais participaron nun encontro con correspondentes doutros centros en Gandarío no que realizaron todo tipo de actividades divertidísimas!!!
lunes, 25 de marzo de 2019
conSelloS para usaR as tIcS seN riScoS

Os alumnos de 3º da ESO fixeron un blog sobre a Relación dos Sexos a través da Tecnoloxía dentro do Plan Proxecta Quérote+.
Investigaron sobre a seguridade na rede, a netiqueta, a ciberviolencia de xénero e os perigos das webcams e elaboraron un glosario de termos relacionados co tema dentro da Sección Bilingüe.
lunes, 18 de marzo de 2019
maLetA viaXeiRa inCluSivA
Fixemos esta exposición cos libros que a Asesoría de Bibliotecas nos emprestou sobre Biblioteca Inclusiva!.
Son uns fondos moi interesantes e xa tomamos ideas para aumentar os da nosa Biblio... un pouco escasos ata agora!
viernes, 15 de marzo de 2019
reTo lecTor de gaLaXia
Un ano máis a editorial Galaxia propón un novo reto lector. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.
Para participar hai que ler un libro da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.
Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal un arquivo de video a través da plataforma WeTransfer. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade do vídeo é animar a que outras persoas lean.
No mail que cada participante nos envíe, ademais do vídeo deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal
A data límite para entregar os videos será o 26 de abril de 2019.

lunes, 11 de marzo de 2019
enTroiDo roCkeiRo IV
Vimos a Kiss, Elvis, Eminem, Queen, D. Bowie, Grease, rockeiros, hippies, punkies...
A verdade é que o pasamos xenial e que os rapaces aprenderon moitísimo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)