miércoles, 6 de marzo de 2019

La mujeR en la liTeraTura

La profesora Ana Varela del Departamento de Lengua Castellana hizo estos paneles que homenajean a algunas de las mujeres más impresionantes de la Literatura de todos los tiempos: Sherezade, Madame Bovary, Jane Eyre, Jo March, Fermina Daza...

martes, 26 de febrero de 2019

axUdaNteS da biBliO

Este curso unha chea de alumnos quixeron colaborar connosco nas tarefas da Biblio, sobre todo os de 2º da ESO.
Ao contar con tanta axuda, decidimos participar de novo no programa de Bibliotecas Solidarias da Xunta de Galicia.
Axudan a etiquetar, poñer celo, mover libros, pintar andeis... e todo o que lles propoñamos!!!


lunes, 25 de febrero de 2019

"eNcueNtroS liTerariOs"

O Ministerio de Educación e Cultura ofrece a posibilidade de que un autor recoñecido dea unha charla nun centro escolar e, a continuación, faga un coloquio cos estudantes.
Este curso o Departamento de Galego convocou a María Lado e Lucía Aldao para que nos fixeran unha representación musicada dalgúns dos seus poemas.
Tras a actuación, repartiron versos soltos á audencia para que, entre todos, compoñeramos o noso propio poema, que resultou moito máis interesante do que supoñamos!!!

domingo, 24 de febrero de 2019

díA de roSaLíA

Os profes do Primeiro Ciclo de Primaria fixeron cos seus alumnos estes paneis para conmemorar o Día de Rosalía de Castro... e quedaron xeniais!!!

viernes, 22 de febrero de 2019

sTop buLLyinG

O Departamento de Inglés da ESO fixo cos alumnos de 4º este taboleiro contra o acoso escolar!!!

jueves, 21 de febrero de 2019

díA inTerNaciOnaL da liNguA maTerNa

A profe María de Galego fixo este taboleiro cos seus alumnos da ESO para festexar o Día Internacional da Lingua Materna 2019!!!


miércoles, 20 de febrero de 2019

o maPa de fonTáN no mUpeGa

No Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela, tamén puidemos ver un dos mapas de Domingo Fontán, case igual ao que temos no colexio, aínda que con algunhas partes coloreadas!!!

Explicáronnos brevemente a súa importancia e alegráronse enormemente ao recibir unha visita do cole que leva o seu nome!



viSita ao mUpegA

Fomos de excursión ao Museo Pedagóxico de Galicia a Santiago de Compostela. Alí recibimos unha charla sobre a Historia da educación en Galicia e puidemos ver como eran as escolas antigas e as primeiras fases e aparatos para a  Educación Especial!!!