miércoles, 20 de febrero de 2019

caStelao mAxiStraL

O Departamento de Galego organizou unha excursión á Cidade da Cultura para ver a exposición "Castelao maxistral: a boa obra ao mestre honra" na que destaca o seu cadro "A derradeira lección do mestre" entre varios debuxos de reivindicación social e de condena das inxustizas e da guerra.
Foi unha visita moi interesante e emotiva, especialmente a larga listaxe dos mestres represaliados durante a Guerra Civil Española!

viernes, 15 de febrero de 2019

víDeoS muSicAiS de sAn VaLentíN

Os marabillosos profes do 1º Ciclo de EP non paran de traballar!
Co gallo de festexar o Día de San Valentín quixeron facer unha homenaxe musical ás cancións de amor cos seus incríbles alumnos que interpretaron "Girasoles" de Rozalén, "Tengo el Corazón Contento" de Marisol e "No Dudaría", na voz de Rosario Flores.
Atrevéronse incluso coa linguaxe de signos!!!



jueves, 14 de febrero de 2019

SAN VALENTÍN

O 14 de febreiro celebramos o San Valentín e , entre outras cousas, os alumnos de 3º de ESO participaron nun proxecto ETWINNING de intercambio de tarxetas de felicitación.
As profesoras que os guiaron foron Sara, en clase de Plástica e Susana , en clase de inglés.
As tarxetas quedaron así de chulas!!! e todas elas tiñan escrito un poema de amor en inglés que os propios rapaces e rapazas compuxeron.Son uns verdadeiros poetas!!!

Tamén buscaron información sobre distintos aspectos da celebración e con ela elaboraron este fermoso PADLET

Hecho con Padlet
Tamén recibimos tarxetas de distintos países de Europa:

saN vaLentÍn mUsiCaL


O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUIXO CELEBRAR O 14 DE FEBREIRO INVITANDO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A COLABORAR NA ELABORACIÓN DUN RÁNKING DAS MELLORES CANCIÓNS DE AMOR DO SÉCULO XX.


AS GAÑADORAS POR ACLAMACIÓN POPULAR FORON:
1. Somebody to love (Queen)
2. All you need is love (The Beatles)
3. With or Without you (U2)

Moitas grazas a todos por participar!!!
Tamén deseñamos marcapáxinas para a ocasión e os alumnos de 2º de Gravado e Estampación da ESO gravaron uns fermosos corazóns para decorar o taboleiro!

martes, 12 de febrero de 2019

loGo do EdlG





A profe Eva Solla do E.D.L.G. organizou unha choiva de ideas para atopar un logo para o equipo...

Participaron os rapaces de 5º e 6º de EP e de 1º, 2º e 3º da ESO.

Gañou este orixinal deseño de Mariña (2ºA) aínda que todos recibiron un agasallo por participar!!!

viernes, 1 de febrero de 2019

múSicA poLa Paz III

Os Departamentos de Inglés e de Música xuntáronse para preparar a canción de IMAGINE, de John Lennon, unha icona da música da paz!.
Toda a ESO participou, en dúas tandas, para que a puidera oir todo o colexio (aquí fixemos un remix coas dúas actuacións).
Moitísimas grazas aos profes Javi e Susana por taaaantos ensaios, e aos rapaces de 4º por acompañar cos instrumentos á actuación!

cAliGramAs da pAz en siGnoS mateMáticoS



As profes María (Galego) e Verónica (Matemáticas) uníronse para facer cos seus alumnos estes incribles "Caligramas da Paz con Signos Matemáticos" para celebrar este 30 de Xaneiro.
A verdade é que nas fotos non se ven todo o ben que deberían polos brillos que produce o celofán... polo que deberedes achegaros ao primeiro andar para poder apreciar toda a súa beleza e ler os poemas de preto!!!

múSicA poLa Paz II


Os rapaces de Infantil cantaron e interpretaron na biblioteca a canción "Los niños queremos la paz" para todo o colexio!.
Acompañounos a profe Eva que tamén fixo unha fermosa presentación multimedia que incluía as pombas da paz que fixeran!

o mAkinG oF...