jueves, 14 de febrero de 2019

saN vaLentÍn mUsiCaL


O EQUIPO DA BIBLIOTECA QUIXO CELEBRAR O 14 DE FEBREIRO INVITANDO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A COLABORAR NA ELABORACIÓN DUN RÁNKING DAS MELLORES CANCIÓNS DE AMOR DO SÉCULO XX.


AS GAÑADORAS POR ACLAMACIÓN POPULAR FORON:
1. Somebody to love (Queen)
2. All you need is love (The Beatles)
3. With or Without you (U2)

Moitas grazas a todos por participar!!!
Tamén deseñamos marcapáxinas para a ocasión e os alumnos de 2º de Gravado e Estampación da ESO gravaron uns fermosos corazóns para decorar o taboleiro!

martes, 12 de febrero de 2019

loGo do EdlG





A profe Eva Solla do E.D.L.G. organizou unha choiva de ideas para atopar un logo para o equipo...

Participaron os rapaces de 5º e 6º de EP e de 1º, 2º e 3º da ESO.

Gañou este orixinal deseño de Mariña (2ºA) aínda que todos recibiron un agasallo por participar!!!

viernes, 1 de febrero de 2019

múSicA poLa Paz III

Os Departamentos de Inglés e de Música xuntáronse para preparar a canción de IMAGINE, de John Lennon, unha icona da música da paz!.
Toda a ESO participou, en dúas tandas, para que a puidera oir todo o colexio (aquí fixemos un remix coas dúas actuacións).
Moitísimas grazas aos profes Javi e Susana por taaaantos ensaios, e aos rapaces de 4º por acompañar cos instrumentos á actuación!

cAliGramAs da pAz en siGnoS mateMáticoS



As profes María (Galego) e Verónica (Matemáticas) uníronse para facer cos seus alumnos estes incribles "Caligramas da Paz con Signos Matemáticos" para celebrar este 30 de Xaneiro.
A verdade é que nas fotos non se ven todo o ben que deberían polos brillos que produce o celofán... polo que deberedes achegaros ao primeiro andar para poder apreciar toda a súa beleza e ler os poemas de preto!!!

múSicA poLa Paz II


Os rapaces de Infantil cantaron e interpretaron na biblioteca a canción "Los niños queremos la paz" para todo o colexio!.
Acompañounos a profe Eva que tamén fixo unha fermosa presentación multimedia que incluía as pombas da paz que fixeran!

o mAkinG oF...


martes, 29 de enero de 2019

oBradoiRo de tinGuiDo de cAmiSetAs hiPpies


chaPas

Todos os alumnos do centro deseñaron cadansúa chapa para conmemorar o Día da Paz 2019 coa nosa nova máquina!!!

zOmBie de thE cRanBerriEs

Este curso, para conmemorar o Día da Paz, recrearemos na nosa Biblio o vídeo da famosa canción "Zombie" de The Cranberries.
«Zombie» é o primeiro sencillo do 2º álbum de estudio, No Need to Argue, do grupo irlandés The Cranberries, publicado en 1994. Converteuse no tema máis popular do cuarteto irlandés e alzouse co primeiro premio á Mellor Canción nos MTV Europa de 1995. A canción foi escrita en resposta á morte de dous nenos por mor dunha bomba do IRA na cidade inglesa de Warrington o ano anterior. Denuncian que nada mellorou no conflito de Irlanda do Norte dende o Alzamento de Pascua (Easter Rising) de 1916: "It's the same old theme since nineteen-sixteen". No vídeo, Dolores O'Riordan, a vocalista recentemente falecida, está cuberta de ouro, diante dunha cruz e rodeada de nenos: "That was my idea and I thought it was a nice idea. It was kind of an abstract thing" Pódense ver tamén imaxes en branco e negro de soldados británicos en Irlanda do Norte e algúns murais de Belfast. Este vídeo converteuse nun dos máis recoñecibles década dos anos 90.