martes, 20 de noviembre de 2018

díA inTerNacioNaL do nEno

Os alumnos de 1º da ESO participaron nun proxecto promovido por UNICEF que leva por título "A Vacina do Bo Trato" e que trata de loitar contra a violencia que sofren os nenos diariamente na escola, nos conflitos por todo o mundo e incluso nas súas propias casas...
1º debuxaron e nomearon os virus que poñen aos nenos en risco... e despois deseñaron a vacina que os combate!


lunes, 19 de noviembre de 2018

maLeTa viaXeiRa de mAtEs



A Asesoría de Bibliotecas da Xunta deixounos unha maleta Viaxeira chea de lecturas e películas relacionadas coas Matemáticas.

Os profes Manolo e Verónica, de mates da ESO, fixeron esta expo na entrada da Biblio para que todos os alumnos puideran botarlles unha ollada!

Ademais deunos ideas para aumentar os fondos desta materia na biblio... que eran un pouco escasos...

lunes, 12 de noviembre de 2018

sTaN Lee


A banda deseñada está de loito pola morte do escritor Stan Lee, creador do "Universo Marvel" con personaxes inesquecibles como os X-Men, Os Vengadores... ou o marabilloso Spiderman!!!

Stan Lee case sempre estivo acompañado polos debuxantes Stev Ditko e Jack Kirby.

Ademais fixo "cameos" en case todas as películas baseadas nos seus superheroes e incluso aparece na serie The Big Bang Theory interpretándose a si mesmo!

miércoles, 31 de octubre de 2018

RepreSenTaciónS do clUb de LecTurA 2

O Club de lectura representou o relato "Sesos de Morto" que fai que todo o público participe de xeito interactivo na función e sinta o medo no corpo!

rePresenTacióNs do cLuB de lecTura


O Club de Lectura, baixo a dirección da profe María, fixo unha representación teatral na Biblio polo Samaín...

Isabel no papel protagonista o bordou!, ademais lle quitaron vísceras a un morto... e asustaron a todo o mundo!

martes, 30 de octubre de 2018

thriLler de miChael JacKson

Puxemos o vídeo de Thriller de Michael Jackson na Biblio para celebrar o Samáin no cole e algúns titoriais para aprender a bailar como aqueles famosos zombies...

Despois as alumnas de 2º da ESO foron unhas valentes e conseguiron facer unha coreografía coa música do grandísimo éxito de Michael Jackson.
Ademais se vestiron de mortos viventes cunha marabillosa maquillaxe de terror!!!


lunes, 29 de octubre de 2018

múSicA dE meDo paRa o sAmaín

ALgUNhAS dAS CAnCiÓnS MÁiS TErrORÍFiCAS dA HiSToRiA
Thriller de Michael Jackson. Da que xa o videoclip semella una peli de terror.
Highway to Hell de AC/DC. Unha das cancións máis famosas da Historia do Hard Rock.
Ghostbusters de Ray Parker Jr. O tema central da mítica película “Cazapantasmas”.
Rock DJ de Robbie Williams. O final do vídeo no que o cantante arráncase a pel foi censurado nalgúns canais de TV.
Time Warp de The Rocky Horror Picture Show. O baile principal da famosa obra.
Psycho Killer de Talking Heads. Un clásico do rock dos 70 moi misterioso.
This is Halloween de The Nightmare Before Christmas. Unha pegadiza canción de “Pesadelo antes de Nadal” de Tim Burton.
Sweet Dreams (Are Made of This) de Marilyn Manson.Versión moito máis tétrica do tema de Eurythmics.
Sympathy for the Devil de The Rolling Stones. A simpatía polo demo… da súa satánica maxestade.
Disturbia de Rihanna. Unha historia de ansiedade, angustia e depresión, nun agónico vídeo.
Enter Sandman de Metallica. O home do saco da cultura anglosaxona que  bota area sobre os ollos para dar soños felices ou horrendos aos nenos.
Everybody (Backstreet's Back) dos Backstreet Boys. Todo grupo disfrazado de monstruos acaban bailando nun castelo embruxado.
Going Under de Evanescence. Fala de saír dunha mala relación, pero consegue ser un dos vídeos máis agobiantes da Historia.

HAI MOITAS MÁIS!!!. SINALA AS TÚAS NOS COMENTARIOS!!!

viernes, 26 de octubre de 2018

deCoracióN de mEdo poLo samAín

Coma todos os anos, decoramos a biblio con motivos terroríficos pare festexar o Samáin e cunha entrada de medo!
Entrade sen medo... jajajajajaj


reComenDaciónS de saMaíN

Fixemos unha exposición de libros de medo para recomendar lecturas para estas vacacións na entrada da nosa biblio... acompañadas dos discos máis terroríficos do século XX!

jueves, 25 de octubre de 2018

mONtAxe duN eScoRnabot

Este curso participamos no proxecto BIBLIOTECAS CREATIVAS e como primeiro paso 
as profes de E. Infantil (Eva, Flora e Yolanda) construíron os nosos robotiños Escornabots!!!
Aquí vos deixamos un vídeo que resume todo o proceso:



Pronto publicaremos máis sobre eles!!!