jueves, 25 de octubre de 2018

mONtAxe duN eScoRnabot

Este curso participamos no proxecto BIBLIOTECAS CREATIVAS e como primeiro paso 
as profes de E. Infantil (Eva, Flora e Yolanda) construíron os nosos robotiños Escornabots!!!
Aquí vos deixamos un vídeo que resume todo o proceso:



Pronto publicaremos máis sobre eles!!!

miércoles, 17 de octubre de 2018

Mes da CienCia eN galEgO VI

Tamén colcamos uns carteis explicativos arredor do mapa de Domingo Fontán que temos no corredor do centro.

martes, 16 de octubre de 2018

MeS dA CienciA en GalEgo V

Tamén fixemos unha pequena exposición cos libros que temos sobre Domingo Fontán na nosa Biblioteca!


meS dA CieNciA en galEgO IV

Co gallo da presentación da unidade didáctica no noso centro, fixemos un taboleiro no que resumimos a maior parte das actividades que levamos a cabo o curso pasado sobre Domingo Fontán!

mEs da cieNciA en gaLegO III

Para os alumnos de Primaria do cole tamén houbo un obradoiro no que lles presentaron os conceptos básicos sobre as Matemáticas e Domingo Fontán.

MeS da cieNciA en GaLegO II

A Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela levou a cabo un obradoiro sobre a Carta Xeométrica de Domingo Fontán para todos os alumnos de Secundaria do cole, no que nos amosaron varios dos exercicios que están incluídos na unidade didáctica deseñada polo Consello da Cultura Galega.

lunes, 15 de octubre de 2018

meS da cieNciA en gaLegO I

Este mes para celebrar a Ciencia en Galego tivemos a sorte de que membros da Facultade de Matemáticas de Santiago, do Consello da Cultura Galega, da Academia das Ciencias e da Xunta viñeran ao noso cole a presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán como primicia!!!

preMio GaliConS-neT


O curso pasado os departamentos de Inglés e de Plástica da ESO fixemos un proxecto sobre Linguaxe Publicitaria dentro dun dos Plans Proxecta nos que participaba a nosa Biblioteca.
Gañamos o 1º Premio da nosa categoría... e hoxe fixemos un pequeno acto na Biblioteca para recibilo!!


O proxecto baseouse no emprego do Inglés na Publicidade en España e foi desenvolvido polos rapaces de 2º e 3º da ESO.
Fixemos vídeos, campañas publicitarias, logotipos, recompilacións de anuncios e enquisas... ademais dun glosario que recolle os termos anglosaxóns máis habituais!.
Todo o traballo está explicado no blog: MERCA COS NOSOS COMMERCIALS!!!


miércoles, 10 de octubre de 2018

marCapáXinaS doS máiS peQueNoS



Os nosos pequenos lectores de 1º e 2º de Primaria fixeron os seus propios marcapáxinas gracias aos seus profes Patricia e Vicente... quedaron moi chulos!

Ademais van todos os venres á biblio a buscar libros e a botar unha ollada ás novidades!



lunes, 8 de octubre de 2018

paSaporTes de LecTura

A profe Patricia de 1º de EP e o profe Vicente de 2º deseñaron estes pasaportes de lectura para animar aos seus alumnos a ler na biblio!
Son xeniales e funcionaron de marabilla!!!