miércoles, 17 de octubre de 2018
Mes da CienCia eN galEgO VI
Tamén colcamos uns carteis explicativos arredor do mapa de Domingo Fontán que temos no corredor do centro.
martes, 16 de octubre de 2018
meS dA CieNciA en galEgO IV
Co gallo da presentación da unidade didáctica no noso centro, fixemos un taboleiro no que resumimos a maior parte das actividades que levamos a cabo o curso pasado sobre Domingo Fontán!
mEs da cieNciA en gaLegO III
Para os alumnos de Primaria do cole tamén houbo un obradoiro no que lles presentaron os conceptos básicos sobre as Matemáticas e Domingo Fontán.
MeS da cieNciA en GaLegO II
A Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela levou a cabo un obradoiro sobre a Carta Xeométrica de Domingo Fontán para todos os alumnos de Secundaria do cole, no que nos amosaron varios dos exercicios que están incluídos na unidade didáctica deseñada polo Consello da Cultura Galega.
lunes, 15 de octubre de 2018
meS da cieNciA en gaLegO I
Este mes para celebrar a Ciencia en Galego tivemos a sorte de que membros da Facultade de Matemáticas de Santiago, do Consello da Cultura Galega, da Academia das Ciencias e da Xunta viñeran ao noso cole a presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán como primicia!!!
preMio GaliConS-neT
O curso pasado os departamentos de Inglés e de Plástica da ESO fixemos un proxecto sobre Linguaxe Publicitaria dentro dun dos Plans Proxecta nos que participaba a nosa Biblioteca.
Gañamos o 1º Premio da nosa categoría... e hoxe fixemos un pequeno acto na Biblioteca para recibilo!!
O proxecto baseouse no emprego do Inglés na Publicidade en España e foi desenvolvido polos rapaces de 2º e 3º da ESO.
Fixemos vídeos, campañas publicitarias, logotipos, recompilacións de anuncios e enquisas... ademais dun glosario que recolle os termos anglosaxóns máis habituais!.
Todo o traballo está explicado no blog: MERCA COS NOSOS COMMERCIALS!!!
miércoles, 10 de octubre de 2018
marCapáXinaS doS máiS peQueNoS
lunes, 8 de octubre de 2018
paSaporTes de LecTura
A profe Patricia de 1º de EP e o profe Vicente de 2º deseñaron estes pasaportes de lectura para animar aos seus alumnos a ler na biblio!
Son xeniales e funcionaron de marabilla!!!
Son xeniales e funcionaron de marabilla!!!
martes, 2 de octubre de 2018
boleTín biBlio nº5
Vimos de repartir os boletíns da biblio para os meses de Outubro e Novembro... coas novedades, as actividades programas, consellos para usuarios...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










