martes, 16 de octubre de 2018

MeS da cieNciA en GaLegO II

A Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela levou a cabo un obradoiro sobre a Carta Xeométrica de Domingo Fontán para todos os alumnos de Secundaria do cole, no que nos amosaron varios dos exercicios que están incluídos na unidade didáctica deseñada polo Consello da Cultura Galega.

lunes, 15 de octubre de 2018

meS da cieNciA en gaLegO I

Este mes para celebrar a Ciencia en Galego tivemos a sorte de que membros da Facultade de Matemáticas de Santiago, do Consello da Cultura Galega, da Academia das Ciencias e da Xunta viñeran ao noso cole a presentar unha unidade didáctica sobre Domingo Fontán como primicia!!!

preMio GaliConS-neT


O curso pasado os departamentos de Inglés e de Plástica da ESO fixemos un proxecto sobre Linguaxe Publicitaria dentro dun dos Plans Proxecta nos que participaba a nosa Biblioteca.
Gañamos o 1º Premio da nosa categoría... e hoxe fixemos un pequeno acto na Biblioteca para recibilo!!


O proxecto baseouse no emprego do Inglés na Publicidade en España e foi desenvolvido polos rapaces de 2º e 3º da ESO.
Fixemos vídeos, campañas publicitarias, logotipos, recompilacións de anuncios e enquisas... ademais dun glosario que recolle os termos anglosaxóns máis habituais!.
Todo o traballo está explicado no blog: MERCA COS NOSOS COMMERCIALS!!!


miércoles, 10 de octubre de 2018

marCapáXinaS doS máiS peQueNoS



Os nosos pequenos lectores de 1º e 2º de Primaria fixeron os seus propios marcapáxinas gracias aos seus profes Patricia e Vicente... quedaron moi chulos!

Ademais van todos os venres á biblio a buscar libros e a botar unha ollada ás novidades!



lunes, 8 de octubre de 2018

paSaporTes de LecTura

A profe Patricia de 1º de EP e o profe Vicente de 2º deseñaron estes pasaportes de lectura para animar aos seus alumnos a ler na biblio!
Son xeniales e funcionaron de marabilla!!!

martes, 2 de octubre de 2018

boleTín biBlio nº5

Vimos de repartir os boletíns da biblio para os meses de Outubro e Novembro... coas novedades, as actividades programas, consellos para usuarios...

viernes, 28 de septiembre de 2018

caNcióNs do s. XX

A profe Susana de Inglés comeza todas as súas clases cun gran éxito musical do s.XX para facer unha homenaxe a tantos e tantos grupos e cantantes de fala inglesa que destacaron nesta etapa!!!

jueves, 27 de septiembre de 2018

conCerTo de preSentaCión do cuRso

Os profes de Infantil e Primaria organizaron un concerto no cole para inaugurar este curso dedicado á música! estivo xenial:

martes, 25 de septiembre de 2018

aXenda esColaR



Eva Solla, a xefa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega tivo a xenial idea de elaborar unha axenda para os nosos alumnos! e pedíunos axuda para deseñar a portada, contraportada e personalizala un pouco con imaxes e xogos sobre Domingo Fontán e os nosos blogs...

quedou moi chula!



lunes, 17 de septiembre de 2018

plAmBe 2018/19

a múSicA do s.Xx
Este curso o tema da Biblioteca para o Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares é "A Música no século XX".
Haberá moitísimas actividades relacionadas con este tema e... como non... festas, concursos e disfraces!!!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE APRENDADES MOITÍSIMO!!!