martes, 15 de mayo de 2018

exPosiciÓn sobRe a brEtaÑa frAnceSa

O Departamento de Francés e a Biblioteca retomamos esta exposición sobre a Bretaña Francesa qeu fai un percorrido pola súa Arte, Historia, Gastronomía, Mitoloxía e Personaxes Célebres... Esperamos que vos guste!

lunes, 14 de mayo de 2018

viSiTa ao muSeo de hiSToriA naTuRal

Os rapaces de 3º e 4º da ESO visitaron o Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela, dentro do Proxecto "Tras os Pasos de Domingo Fontán" coordinado pola Biblioteca este curso no Plan Proxecta "Antonio Fraguas".

lunes, 7 de mayo de 2018

woNderS oF the wOrLd

Os alumnos de 3º da ESO de Plástica fixeron estes fermosos debuxos a boli bic dalgunhas das marabillas do mundo!
No Departamento de Inglés leron o libro "Wonders of the World" e fixeron estes paneis cos datos máis relevantes de moitos deles!

jueves, 3 de mayo de 2018

visiTa ao muSeo de pOnTevedRa


O Departamento de Sociais organiou unha visita dos rapaces de 1º e 2º da ESO ao Museo de Pontevedra para facer un Obradoiro sobre Prehistoria, Cultura Castrexa e Romanización en Galicia... o pasamos de marabilla e aprendimos moitísimo!!!

exTraorDinarY woMen

O Departamento de Inglés fixo un percorrido pola vida e obra dalgunhas das mulleres máis salientables da Historia empregando o marabillo libro que adquirimos este curso para a nosa Biblio: GOOD NIGHT STORIES FOR REBEL GIRLS (100 tales of extraordinary women).
Tamén mercamos os dous volumes en Castelán... bótalles unha ollada!!!

miércoles, 2 de mayo de 2018

roBiNsoN cRusOe

Os alumnos de 4º da ESO leron o libro Robinson crusoe de Daniel Defoe e fixeron unha rèplicas das páxinas do seu diario en Lingua Inglesa, xunto coas descricións dos personaxes máis destacados e dos paraxes máis salientables do libro.

En GRES os alumnos de 1º e 2º fixeron uns gravados calcográficos sobre metacrilato con varias escenas da historia...


lunes, 30 de abril de 2018

o mEu liBro fAvoRito é...



Os alumnos de 3º B de Educación Primaria fixeron este vídeo para recomendarnos o seu conto favorito co gallo do Día do Libro!

A idea foi da súa titora a profe América.

Foron todos moi amables e simpáticos compartindo con nós as súas preferencias!

a iNveNcióN de hUgO


jueves, 26 de abril de 2018

moNumeNto a xuLio VerNe

Os rapaces de 1º e 2º da ESO visitaron a estatua dedicada a Xulio Verne no Porto de Vigo... algúns deles escalaron polo calamar xigante e o pasaron de marabilla!!!