viernes, 9 de febrero de 2018

enTroiDo 2018

Todo o centro traballou a reo para elaborar os disfraces deste Entroido co tema do Proxecto da Biblioteca para o curso 2017/18: AS VIAXES.
Aquí tendes algunhas das imaxes deste marabilloso día:

  • Pola semana o Equipo de Extraescolares convidounos a ver con algún simpático complemento na cabeza ou no pescozo, maquillados e en pixama!:
  • Algunhas imaxes do "making-of" (preparación):
  • Fotos do desfile pola zona (aínda que moi breve por mor da ameaza de choiva):








  • Festa no ximnasio para todo o centro:










  • Decoración do corredor con máscaras venecianas:

Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio:

martes, 6 de febrero de 2018

aTlas liTeraRioS

Co motivo do Proxecto "As Viaxes", no panel da Biblioteca lembramos varias imaxes e mapas das localizacións (reais ou ficticias) dalgúns dos libros máis coñecidos da Literatura Universal: Robinson Crusoe, A Princesa Prometida, Canción de Xeo e Fogo (Xogo de Tronos), O Señor dos Aneis, O Hobbit, A Divina Comedia, A Odisea, Moby Dick, Mort...
A maioría deles están á vosa disposición na nosa Biblioteca... non te adentres neles sen mapa!!!
Hai pouco vense de publicar un fermoso libro sobre este tema que pronto tamén teremos na biblio:

Trazado. Un atlas literario, obra de Andrew Degraff e Daniel Harmon.

Para outras referencias a este tema visita as webs:

domingo, 4 de febrero de 2018

a loNgA viaXe dos eXiliaDos galEgoS

O Departamento de Galego xunto cos alumnos de 4º da ESO elaborou este panel co destino de moitos dos intelectuais galegos que se viron obrigados a abandonar o país por mor da Guerra Civil española e a represión que lle sucedeu:

martes, 30 de enero de 2018

rePresentacióNs na biBlioTeca no díA da paZ

Os rapaces de 1º ESO, dirixidos polo Departamento de Galego, fixeron unhas pequenas obras de teatro na Biblioteca para conmemorar o día da Paz e da non violencia:
Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio:

díA da pAz 2018

O equipo da Biblioteca, xunto coas titorías de Secundaria, elaborou este panel co mapa e algunhas fotografías dos conflitos máis graves que continúan en activo neste momento no mundo enteiro, xa que o desexo que pedimos neste día coas nosas 1.000 grullas foi que rematen cando antes!

domingo, 28 de enero de 2018

1.000 grullas

Coa axuda de toda a comunidade escolar superamos con creces o reto de realizar 1.000 grullas de papiroflexia para conseguir o noso desexo do Día da Paz!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!


Titorial de papiroflexia: GRULLAS

sábado, 27 de enero de 2018

díA en meMoriA do hOlocAusto

Co gallo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto (celebrado o 27 de Xaneiro, data en que o Exército Soviético liberou o campo de exterminio de Auschwitz) os alumnos de 3º e 4º de ESO fixeron unhas recreacións a tinta do libro de banda deseñada "Deportado 4443" de Carlos Hernández. Este cómic relata con imaxes impactantes a presenza dos prisioneiros republicanos españois nos campos de concentración nazis durante a 2ª Guerra Mundial.
Dende o Departamento de Debuxo quixemos facer especial  referencia á figura do fotógrafo español Francesc Boix, quen salvou un gran número de fotografías do campo de Mauthausen e que serviron para condenar a moitos nazis nos xuízos posteriores. O seu retrato é o 3º da última fila e foi dibuxado por Celia (3º ESO).

Quixéramos lembrar tamén unha entrada antiga na que facíamos referencia a DEPORTADOSunha interesantísima web creada no 75º Aniversario da chegada dos primeiros españois aos campos de exterminio e que lles fai unha merecida homenaxe. Nela aparece recollido gran parte do traballo de investigación que o periodista C. Hernández plasmou no libro "Os Últimos Españois de Mauthausen" e, agora, neste cómic.
Aquí podedes ver unha entrevista ao autor na tvg (A Revista) - a partires do min 31-.


lunes, 8 de enero de 2018

proXecTo "tRas oS paSos de doMinGo fonTáN"

A Biblioteca coordina un proxecto sobre Domingo Fontán dentro do Plan Proxecta Antonio Fraguas.
Cada Departamento e Ciclo fará a súa aportación segundo as súas características e intereses:

  • Presentacións multimedia.
  • Deseño de pasatempos.
  • Entrevistas personalizadas.
  • Elaboración e análise de enquisas.
  • Obradoiro de trigonometría.
  • Exposición sobre a evolución da cartografía de Galicia.
  • Obradoiro de Litografía.
  • Investigación e exposición sobre as Viaxes Científicas.
  • Actividades coa nova Estación Meteorolóxica.
  • Probas de impresión 3D.
  • Creación da liña do tempo.
  • Asistencias ás homenaxes a Fontán.
  • Lectura do libro "Fontán".
  • Charlas de expertos na materia na nosa Biblioteca.
ESTADE ATENTOS ÁS PRÓXIMAS ENTRADAS!!!

Mira o proxecto global no blog TRAS OS PASOS DE DOMINGO FONTÁN

sábado, 23 de diciembre de 2017

bO naDaL a toDos!!!

O Equipo da Biblioteca elaborou esta fermosa árbore de Nadal composta de postais turísticas de todo o mundo para desexarvos unhas marabillosas festas e un moi feliz ano 2018!!!
Hai máis fotos na Galería de Imaxes do colexio: