Este ano o tema da Semana da Ciencia en Galego vainos de marabilla con Proxecto anual da Biblioteca pois é "As Viaxes Científicas". Máis en concreto fai referencia a dúas grandes figuras da Ciencia: Charles Darwin e Domingo Fontán.
Os departamentos de Bioloxía e de Debuxo da ESO quixemos achegar á comunidade educativa estas figuras e para iso fixemos varios obradoiros e exposicións polo centro.
A biblioteca fixo, ademais, unha recompilación das obras dos nosos fondos que fan referencia a estes científicos.
lunes, 6 de noviembre de 2017
martes, 31 de octubre de 2017
aPócEmaS máXicaS de 3ºB de pRimaRia
Para festexar o Samaín, os rapaces de 3ºB de Primaria fixeron cadansúa apócema máxica coa profesora América: empregaron ingredientes noxentos pero moi moi moi imaxinativos!. Aquí os ensinamos unha presentación con todas elas... Seguide a receita ao pé da letra para que funcionen e... sobre todo... non esquezades as palabras máxicas!!!.
Actuacións na biblio polo Samaín
Coma todos os anos, no Samaín, o club de lectura realizou a dramatización de diversas obras na biblioteca.
O club de Primaria actuou para Infantil e Primaria e interpretou as seguintes obras
Taneke, a princesa das bruxas
A min non me comas
A lenda da discoteca Androides
O club temático de inglés preparou dúas dramatización neste idioma e actuou para 5º e 6º de Primaria e para toda a ESO.
O club de 1º de ESO actuou en galego para toda a ESO con dous contos
lunes, 30 de octubre de 2017
domingo, 29 de octubre de 2017
meiGaS
Os alumnos de Plástica de 3º e 4º ESO fixeron debuxos a lapis e grafito acuarelable con cadansúa meiga... quedaron de marabilla!!!
reCoMendaCiónS para o sAmAín
Fixemos esta exposición a carón da biblioteca con aqueles libros que vos recomendamos para estes días... todos arrepiantes!!!. Amosamos nela, ademais, as moitas novidades que adquirimos este ano para a nosa biblioteca: It, Brujas, a segunda parte do Pequeno Vampiro, O baúl dos Monstros ou o fermosísimo cómic Casos Violentos:
sábado, 28 de octubre de 2017
oS ceMiTerioS máS feRmoSoS do mUndO
Co gallo do noso proxecto das "Viaxes" fixemos unha recompilación de imaxes dalgúns dos cemiterios más fermosos e/ou peculiares de todo o mundo para festexar o Samaín 2017... Esperamos que vos guste!
viernes, 27 de octubre de 2017
boLeTín nº1. Outubro 2017
O Equipo da Biblioteca ven de elaborar o primeiro número dun boletín bimensual co que pretende recomendar lecturas, dar consellos sobre "alfabetización informacional", avisar das actividades organizadas pola biblioteca, lembrar a personaxes importantes da zona,... Será repartido a todo o alumnado do colexio e publicado na páxina web.
Neste primeiro número facemos as recomendacións de lectura para Samaín (todas terroríficas!!!), damos uns consellos para respectar os "Dereitos de Autor" á hora de facer os nosos traballos e publicacións (seguindo os consellos de C.E.D.R.O.), enumeramos algunhas das actividades propostas pola biblioteca para os meses de Outubro e Novembro e destacamos unha das figuras máis famosas das nacidas pola zona: o matemático, político e topógrafo Domingo Fontán.
martes, 10 de octubre de 2017
RecoMendacióNs leCtoraS
O Equipo da biblioteca fixo esta selección de libros sobre viaxes para recomendar a lectura a todos os rapaces do colexio segundo a súa etapa educativa...
Queremos lembrarvos que todos están á vosa disposición na biblioteca (preguntade aos profes e/ou alumnos encargados!):
* O mapamundi foi pintado polos alumnos de 3º ESO
Queremos lembrarvos que todos están á vosa disposición na biblioteca (preguntade aos profes e/ou alumnos encargados!):
* O mapamundi foi pintado polos alumnos de 3º ESO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










