martes, 21 de marzo de 2017

díA da poEsía

O 21 de Marzo celebramos o Día Internacional da Poesía. Este ano a Biblioteca fixo un taboleiro con exemplos de Acción Poética repartidos polo mundo... en canto mellore o tempo os rapaces de 4º ESO farán a súa propia contribución en Portas!!!


Tamén fixemos unha exposición de libros de poesía da nosa Biblioteca e un taboleiro sobre o autor ao que dedicaron este día: Nikoloz Baratashvili

O Príncipe Nikoloz "Tato" Baratashvili (en georgianio ნიკოლოზ "ტატო" ბარათაშვილი) naceu en Tbilisi (Georgia) o 4 de Decembro de 1.817 e morreu con só 26 anos o 21 de Outubro de 1.845, en Ganja (Azerbaijan).
Este poeta romántico georgiano foi un dos primeiros en unir o moderno nacionalismo georgiano co Romanticismo europeo e en introducir  o “Europeísmo” na Literatura Georgiana.
Por mor da súa morte tan temprá, Baratashvili deixou una breve herencia de menos de corenta poemas breves, un poema extenso e algunas cartas persoais.

De todos os xeitos, é considerado un cumio do Romanticismo georgiano e se lle coñece coma o “Byron” do Este.

viernes, 17 de marzo de 2017

sT paTricK's dAy

O 17 de Marzo celébrase o día de San Patricio patrón de Irlanda. Os Departamentos de Inglés e de Debuxo crearon este Photocall para festexalo!!!

Aquí tendes as imaxes:

lunes, 6 de marzo de 2017

As éPocaS da hiStoriA II: meSopoTamiA



Os alumnos de Plástica de 4º ESO fixeron un obradoiro sobre Mesopotamia no que aprenderon a escritura cuneiforme sobre "tablillas" de arcilla.
Os alumnos de 3º colaboraron facendo debuxos a sanguina dos famosos lamassus da mitoloxía mesopotámica e dalgúns leóns feridos do palacio asirio de Nínive.


viernes, 24 de febrero de 2017

enTroidO 2017

Moitos dos cursos disfrazáronse das distintas etapas da Historia para participar no proxecto da Biblioteca do 2017!. 

Aquí tes algunhas das fotos que fixemos. Podes ver máis na páxina web do centro que estamos a construir: PÁXINA WEB CPI DOMINGO FONTÁN

jueves, 16 de febrero de 2017

As éPocaS da hiStoriA I: PrehisToriA


Os alumnos de Plástica de 4º da ESO traballaron a reo para imitar aos pintores prehistóricos empregando carbón, barro, terra, e outros pigmentos naturais, aplicándoos con ósos, pedras e pequenas ramas.



martes, 14 de febrero de 2017

saN vaLentíN

Para festexar o Día de San Valentín os alumnos de 3º ESO recrearon algunhas cartas de amor dos personaxes máis célebres da Historia: Napoleón, Kafka, Frida Khalo, Enrique VIII, Flaubert, el Zar Alejandro, Goethe, Keats,...
Traballaron a reo no Obradoiro de Caligrafía e ata fixeron os sobres cos selos e os enderezos dos destinatarios!


viernes, 3 de febrero de 2017

canCiónS aRRedor do luMe...

Co gallo da celebración do Día da Paz e seguindo co tema da biblioteca que recorda a nosa historia e lembranzas, o equipo da biblioteca propuxo aos alumnos que gravasen aos seus maiores cantando unha canción antiga para compartila entre todos!
Este é un fragmento do vídeo resultante (o vídeo completo estará exposto no monitor do corredor do centro, por mor do seu peso).
GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORARON!!!!



martes, 31 de enero de 2017

a LenDa das 1.000 gruLlas de pApeL

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria fixeron na clase de Relixión un mural en homenaxe a historia de Sadako Sasaki, e adornáronno con fermosas grullas de origami, tarefa na que tamén participaron os rapaces de 1º e 4º de ESO.
Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo se fará realidade se constrúes un milleiro de grullas de papel. A consigna de crear grullas de papel na loita pola paz remóntase á historia de SADAKO SASAKI, una das vítimas cativas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.
Sadako tiña dous anos cando tiraron a bomba sobre a súa cidade. Dez anos máis tarde, como resultado da radiación producida, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena estaba no hospital tratándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a lenda das grullas de papel. Así Sadako proponse curarse construíndo as mil grullas, porén morreu cando só fixera 644. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión coa esperanza de evitar as guerras futuras e acadar a paz entre todos os países do mundo.


lunes, 30 de enero de 2017

díA da pAz 2017

Os rapaces de Primaria fixeron este fermoso mosaico co rostro de Ghandi e os de Secundaria escribiron as súas frases máis célebres ao seu redor para festexar o Día da Paz 2017.


sábado, 28 de enero de 2017

feLiz anO 4.715!!!

Hoxe comezou o Ano Novo Chinés (o ano do galo) e para conmemoralo fixemos este mural no taboleiro da Biblioteca.
Alí poderás atopar o signo que eres no horóscopo chinés e levarte unha estampación con él!