martes, 17 de enero de 2017

os eSpañoiS tAméN foMos refuXiadoS e eMigranteS...

Nestes tempos convulsos cremos conveniente recordar que hai poucas décadas os españois (e nós, os galegos, moi especialmente) tamén tivemos que escapar da fame e da guerra... O Equipo da Biblioteca fixo este taboleiro para lembrar aquelas penurias, á vez que amosar o noso apoio a todos os refuxiados que existen no planeta.


martes, 10 de enero de 2017

oS ouTroS aNiNovoS



Os musulmáns, chineses, indios, xaponeses e xudeus (entre outros) celebran o Ano Novo noutras datas (guiándose moitos deles polo Calendario Luar) e con festexos, símbolos e xantares moi especiais. 
Estas civilizacións toman como punto de partida momentos significativos das súa historia, polo que non se atopan no 2.017!!!:

O ano chinés 4.714 comezou o 8 de Febreiro do 2.016
O ano 2.073 da Era Vikram (unha das que existen na India) comezou o 30 de Outubro de 2.016
O ano islámico 1.438 iniciouse o 3 de Outubro do 2.016
O ano hebreo 5.777 comezou o 3 de Outubro de 2.016
O ano Heisei 29 (Xaponés) comezou o noso 1 de Xaneiro de 2.017


lunes, 7 de noviembre de 2016

gaRdas paRa liBroS

1º e 2º da ESO. Gravado e Estampación (materia optativa).

leOnArd coHen

Hoxe finou este compositor, poeta e músico canadiense, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2011.
Para lembralo neste triste momento, a Biblioteca fixo unha exposición co seu retrato e algunhas das súas cancións máis coñecidas, así como fragmentos do fermoso discurso que fixo en España cando recolleu o premio, cheo de agarimosas alusións ao noso país!

lunes, 31 de octubre de 2016

SaMaíN


Fixemos un cartel con debuxos a tinta chinesa dos cómics de Walking Dead (adquiridos recentemente pola Biblioteca) e unha exposición cos libros de medo recomendados este ano.

Esperamos que vos gusten!!!!