martes, 10 de enero de 2017

oS ouTroS aNiNovoS



Os musulmáns, chineses, indios, xaponeses e xudeus (entre outros) celebran o Ano Novo noutras datas (guiándose moitos deles polo Calendario Luar) e con festexos, símbolos e xantares moi especiais. 
Estas civilizacións toman como punto de partida momentos significativos das súa historia, polo que non se atopan no 2.017!!!:

O ano chinés 4.714 comezou o 8 de Febreiro do 2.016
O ano 2.073 da Era Vikram (unha das que existen na India) comezou o 30 de Outubro de 2.016
O ano islámico 1.438 iniciouse o 3 de Outubro do 2.016
O ano hebreo 5.777 comezou o 3 de Outubro de 2.016
O ano Heisei 29 (Xaponés) comezou o noso 1 de Xaneiro de 2.017


lunes, 7 de noviembre de 2016

gaRdas paRa liBroS

1º e 2º da ESO. Gravado e Estampación (materia optativa).

leOnArd coHen

Hoxe finou este compositor, poeta e músico canadiense, Premio Príncipe de Asturias das Letras 2011.
Para lembralo neste triste momento, a Biblioteca fixo unha exposición co seu retrato e algunhas das súas cancións máis coñecidas, así como fragmentos do fermoso discurso que fixo en España cando recolleu o premio, cheo de agarimosas alusións ao noso país!

lunes, 31 de octubre de 2016

SaMaíN


Fixemos un cartel con debuxos a tinta chinesa dos cómics de Walking Dead (adquiridos recentemente pola Biblioteca) e unha exposición cos libros de medo recomendados este ano.

Esperamos que vos gusten!!!!


viernes, 28 de octubre de 2016

RiToS de eNterrAmeNtO ao LonGo da hiStOriA


Fixemos uns carteis sobre os ritos de enterramento e as crenzas na vida de ultratumba de diversas civilizacións ao longo da Historia e convocamos un concurso para ver que equipo era o máis rápido en conestar a un completo test sobre o tema.
O premio foron uns riquísimos caramelos de Samaín!!!!