

Dentro dos actos que se están a realizar para a conmemoración da semana do libro, temos que comezar pola presentación que realizamos este martes 12 de abril. Como somos moi "libreiros" estamos a ampliar a semana a quincena e xa comezamos con celebracións relacionadas coa literatura. En concreto, o centro colaborou na organización activa da presentación do libro Fontán de Marcos Calveiro, autor vilagarcián que se levaba interesando moito tempo polo persoeiro nado en Portas.
O libro, premio Repsol de Narrativa Breve 2015 está a ser presentado por diversos puntos da xeografía galega e tamén recalou na Azucreira de Portas a onde asistiu toda a ESO e 6º de Primaria.
Esta obra recrea parte da
vida do profesor, matemático, deputado e xeógrafo portense Domingo Fontán,
elaborador do primeiro mapa científico de Galicia e considerada unha das
mellores cartas xeométricas da época, traballo só igualado pola cartografía
inglesa e francesa que as facían como empresas de estado, mentres a medición
galega foi feita polo mestre de Portas
durante 17 anos como unha tarefa case exclusivamente individual coa idea
de servir como base para a mellora viaria e económica galega.












Logo cruzamos a rúa e fomos ao Museo Galego do Xoguete que está case enfronte do da Moda. Alí fixemos tamén unha parada interesante onde puidemos ver unha boa mostra de enredos de diferentes épocas, destacando sobre todo un "futbolín" de mediados do século XX.



