sábado, 23 de mayo de 2015

As linguas do mundo

O curso acaba pero o proxecto da biblioteca, culturas do mundo, é case inesgotable. O EDLG e o Departamento de Lingua Galega e Literatura prepararon unha exposición con alumnado de ESO sobre a diversidade lingüística mundial.
En 2º de ESO fixéronse uns traballos sobre as familias lingüísticas do mundo. Os traballos achegáronse cada un a unha familia ou rama diferente.
En 3º de ESO fixeron artigos xornalísticos sobre situacións de linguas en contacto e como incide a diglosia na situación de determinados idiomas
En 4º de ESO estiveron a traballar en presentacións visuais sobre bilingüísmo e diglosia.

viernes, 22 de mayo de 2015

Escritores do mundo

Durante o mes de maio tivemos nun dos taboleiros da biblioteca unha exposición sobre escritores do mundo. A literatura universal é un concepto moi amplo pero aquí procuramos facer un pequeno mosaico para visualizar a diversidade literaria e cultural do mundo

sábado, 16 de mayo de 2015

o gAlo de bArceloS porTuguéS

 
Os alumnos de 3º ESO da materia optativa de Gravado e Estampación fixeron Xilografías (gravados en madeira) coa imaxe do famoso Galo de Barcelos, unha localidade portuguesa.
Despois de estampalas no tórculo con tinta graxa fixemos a exposición nun taboleiro onde explicamos a lenda que serviú de orixe a este coñecido símbolo:








miércoles, 13 de mayo de 2015

Actuación de Uxía Senlle

Dentro do proxecto da biblioteca "Culturas do mundo" quedábanos gozar das músicas do mundo. E comezamos polas da casa.
O EDLG organizou unha actuación da cantante Uxía Senlle, que nos deleitou con tres concertos na biblioteca: ás 10.30 para infantil e primeiro ciclo de primaria, ás 11.30 para segundo e terceiro ciclos de primaria e ás 12.40 para a ESO
Un éxito absoluto.


domingo, 10 de mayo de 2015

Os mOais da illA de pasCua

Os rapaces de 1º ESO e de 3º ESO fixeron uns debuxos a lapis brando recreando algúns dos Moais, misteriosas esculturas adicadas aos antepasados feitas polos indíxenas de Rapa Nui, a Illa de Pascua (Chile).
Colocámonos no taboleiro do corredor:

miércoles, 29 de abril de 2015

Presentación sobre Eduardo Galeano

Este mes de abril deixounos un dos grandes escritores latinoamericanos nacidos no século pasado: Eduardo Galeano.
Na pantalla do corredor estamos a proxectar unha presentación que fala da súa vida e obra, con frases célebres que quedarán para a posteridade

jueves, 2 de abril de 2015

díA inTerNacioNal do liBro iNfaNtiL e xuVeNil


O 2 de Abril, data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, co que se tenta promover o amor á lectura nos máis novos.


Cada ano un país diferente elixe a un escritor e a un ilustrador para que elaboren unha mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo.


Este ano o país elixido foi Emiratos Árabes Unidos e o lema é "MOITAS CULTURAS, UNHA HISTORIA" que tan ben nos ven ao noso proxecto de "Culturas do Mundo". Para o Día do Libro estamos a preparar precisamente contos de todo o mundo!


A ilustradora do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian e o texto de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi:



Muchas culturas, una historia
“Hablamos muchos idiomas y tenemos diferentes orígenes,

pero compartimos las mismas historias”
Historias universales… Historias tradicionales
Es la misma historia, contada
Con diferentes voces
Con diferentes colores
Sin embargo, sigue siendo la misma…
Comienzo…
Nudo…
Y desenlace…
Es la misma historia que todos conocemos y amamos
Todos la oímos
En diferentes versiones y por diferentes voces
Sin embargo, siempre es la misma
Hay un héroe… una princesa… y un villano
No importa su idioma
Sus nombres
O sus rostros
Siempre es igual
Principio,
Nudo
Y desenlace
Siempre ese héroe… esa princesa y ese villano
Idénticos a través de los siglos
Nos hacen compañía
Nos susurran en sueños
Nos acunan sus voces, desaparecidas hace mucho tiempo
Pero viven en nuestros corazones para siempre
Porque nos unen a todos en un país de misterio e imaginación
Y así todas las culturas se funden en una sola historia.


viernes, 27 de marzo de 2015

dEuSeS do anTigO eXipTo

Os rapaces de 4º da ESO, na materia optativa de EPV, fixeron réplicas de papiros nos que debuxaron con temple algúns dos deuses máis coñecidos da Mitoloxía Exipcia, que completaron cos xeroglíficos dos seus nomes nos típicos "cartuchos".
A continuación fixeron paneis coas súas características máis importantes: