jueves, 26 de marzo de 2015

Agasallo ao alumnado mellor lector do trimestre

As axendas enviadas pola asesoría de bibliotecas escolares foi o agasallo que realizamos este trimestre ao alumnado que resultou mellor lector desta avaliación. Repartíronse 6 en primaria e 4 en secundaria.

Proximamente anunciaremos os criterios para os agasallos no último trimestre do curso baseado seguramente en cuestionarios sobre unhas obras que haberá que demostrar telas lido.

PARTICIPADE!

domingo, 22 de marzo de 2015

o yiN e o yAnG

Este panel que amosa traballos realizados polos alumnos de 3º ESO de Debuxo Técnico, explica a orixe e as características do famoso concepto taoísta do "Yin e Yang" e o seu símbolo máis coñecido, o "taijitu", feitos a través de exercicios de Debuxo Técnico baseados en tanxencias e ligazóns.


martes, 17 de marzo de 2015

st. paTricK's dAy


Os alumnos de 3º ESO traballaron nas materias de Inglés e de EPV sobre distintos aspectos relacionados coa festividade irlandesa do San Patricio que ten lugar hoxe, 17 de Marzo:
A orixe da celebración, os seus símbolos (arpa, trébol) os famosos duendes "leprechauns" e o motivo da característica cor verde que invade todo nesta data!
Cos traballos decoramos o taboleiro da Biblioteca...

miércoles, 11 de marzo de 2015

hOLi

Coa lúa nova de Marzo chegou o Festival multicor da India!! e para festexalo os rapaces de EPV fixeron un fermoso taboleiro con mandalas e elefantes de vivas cores:

Esta festa conmemora a victoria do bondadoso Deus Vishnú sobre a malvada Holi e por eso a festa é alegre e luminosa. Todo o malo se esquece e a xente se pinta con pigmentos de cores mesturando xéneros, orixes e castas!!!
 

domingo, 8 de marzo de 2015

a mUlleR na iNdiA

Para festexar o Día da Muller Traballadora os rapaces de 1º ESO fixeron un taboleiro con datos e fotografías sacadas do "Proxecto Mandala" para Secundaria da Fundación Vicente Ferrer que traballamos na clase.
Ademais crearon uns fermosos mandalas para decoralo!!!


viernes, 27 de febrero de 2015

taBle mAnnErs

Os alumnos de 2º ESO de Inglés fixeron este mural no que recollen os modais tan diferentes que empregan as distintas culturas do mundo na mesa:


viernes, 20 de febrero de 2015

feLiZ aNo da caBrA!!!

Onte, xoves 19 de Febreiro, comezou o Novo Ano en China, 
o 4.713!
Esta data cambia cada ano, pois coincide coa segunda lúa nova despois do solsticio de Inverno.


Co gallo desta festividade, os alumnos de Gravado e Estampación, fixeron en pranchas de goma de borrar os s12 signos do Zodíaco Chinés que determinan a personalidade dos nacidos no ano ao que corresponde cada un.
Despois as estampamos con tinta cor vermella (a cor da boa sorte para os chineses) e fixemos un taboleiro para que cada alumno poida atopar o animal que lle corresponde segundo o seu ano de nacemento:
RATA, CABRA, TIGRE, BOI, COELLO, MONO, CAN, SERPE, PORCO, DRAGÓN, CABALO ou GALO.


                        




Ademais, no desfile de Entroido do centro que se celebrou hoxe, varios alumnos disfrazáronse de chineses con estes fermosos vestidos:



Tamén o Real Madrid e o F.C. Barcelona 
felicitáronnos o Ano Novo!






enTroiDo 2015

Cada grupo ou nivel disfrazouse dun pobo diferente do Planeta: chineses, indíxenas americanos, tribos africanas, hawaianos, mexicanos, escoceses, franceses...

Despois fixemos un desfile no Ximnasio para todas as familias, con bailes incluidos!

Estes son algunos dos grupos! (hai máis despois na presentación):




viernes, 13 de febrero de 2015

iL cArNevAle di vEneZia


Os alumnos de EPV de 1º ESO fixeron fermosas máscaras para recrear o famoso Entroido veneciano.

domingo, 8 de febrero de 2015

Manxares do Mundo

Os alumnos de 3º ESO de Inglés fixeron este mural coa información que recolleron sobre as comidas típicas de moitos países do mundo!
Tajines ou cuscús marroquíes, vermes monape sudafricanos, sirope de arce canadiense, horchata valenciana,...
Todos os manxares veñen explicados en inglés e traducidos ao castelán e van acompañados de fotografías: