viernes, 20 de febrero de 2015

enTroiDo 2015

Cada grupo ou nivel disfrazouse dun pobo diferente do Planeta: chineses, indíxenas americanos, tribos africanas, hawaianos, mexicanos, escoceses, franceses...

Despois fixemos un desfile no Ximnasio para todas as familias, con bailes incluidos!

Estes son algunos dos grupos! (hai máis despois na presentación):




viernes, 13 de febrero de 2015

iL cArNevAle di vEneZia


Os alumnos de EPV de 1º ESO fixeron fermosas máscaras para recrear o famoso Entroido veneciano.

domingo, 8 de febrero de 2015

Manxares do Mundo

Os alumnos de 3º ESO de Inglés fixeron este mural coa información que recolleron sobre as comidas típicas de moitos países do mundo!
Tajines ou cuscús marroquíes, vermes monape sudafricanos, sirope de arce canadiense, horchata valenciana,...
Todos os manxares veñen explicados en inglés e traducidos ao castelán e van acompañados de fotografías:

viernes, 30 de enero de 2015

díA da pAz


Desde o proxecto de Culturas do Mundo do Equipo da Biblioteca organizamos unha degustación gastronómica de produtos e comidas de distintas partes do planeta como punto de unión para un mellor entendemento dos pobos e da xente.

Moitos profesores do centro e moitos pais de alumnos colaboraron na creacións dos distintos pratos. 

Trouxemos máis de 30 manxares de diferentes países!

Moitas Grazas a todos os familiares que colaboraron connosco:

Lara Álvarez Pintos de 3º E.P. e os seus irmáns troxueron Brigadeiros do Brasil e Apfel Streusel (tarta de mazá) de Alemania.
Sara Abraldes Tajes de 1º ESO trouxo Stroopwafels de Holanda.
Raquel Abraldes Tajes (3ºA de E.P.) os portugueses Pasteis de Belem
Xurxo Feixó (de 2ºB de E.P.) trouxo pratos variados de Sushi xaponés, adaptado aos nenos!. 
Rafael Fernández Lede trouxo Pastel de Carne libanés.
Yerai Fernández Outón de 4º E.I.  Pan de Pita turco, Galletas alemanas e Dátiles de Túnez.
Nerea Goldar Rodríguez (3º B de E.P.) trouxo Galette des Rois francés.
Roque González Touriño e Daniel Vázquez García achegáronnos Pizza italiana.
 Alejandro López González de 1º E.P., Filloas galegas.
Iago Monteagudo (4ºB de E.P.) os famosos Dorayakis xaponeses de Doraemon.
Sofía Mouriño Esperón (1º E.P.) trouxo Quesillo venezolano.
Roi Pérez Falcón (1º E.P.) trouxo Cocadas mexicanas.
Ekaterina Rebón Fedorova de 2º E.P.  Pirozkis rusos e Empanadillas tamén de Rusia.
Nerea e Uxía Rodríguez, de 1º E.P., Pasteis Gloria, de Colombia. 
Rodrigo e Alba Ruibal Lago, de 1º E.Pe 6º respectivamente, o postre belga Pain Perdu.

e tamén aos profes!:

Xan Constenla trouxo Galletas e Yuca de Colombia.
Ana Ferrando Besiños de Coco venezolanos.
Sara Rosales Polo ao Curry indio, Humus de Siria e Rolos de Biltong sudafricanos.
Susana Sabarís trouxo Galletas danesas e Pastas marroquíes
Susana Simó, Brownie e Mantequilla de Cacahuete americanos e Pan indio.
Manolo Teixeira Zume de Arándanos americano.

Grazas tamén a todos os que colaboraron no reparto e na organización!

 
Invitamos á comunidade educativa a degustalos e decoramos a Biblioteca para a ocasión.
AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS:




martes, 27 de enero de 2015

A shOà



Hoxe, 27 de Xaneiro, é o Día internacional de Conmemoración en Memoria das Víctimas do Holocausto, segundo o proclamou a Asamblea Xeral das Nacións Unidas.
Coincide coa data en que, 70 anos atrás, o Exército Roxo Soviético liberou o campo de Exterminio Nazi de Auschwitz.
Nos campos de concentración nazis contamos máis de 1.000.000 de mortos, sobre todo xudeus, pero tamén xitanos, homosexuais, republicanos españois ou soldados soviéticos capturados.
O Equipo da Biblioteca únese ás celebracións que tiveron lugar en todo o mundo en  recordo desta data e propoñemos o visionado destas películas sobre o Holocausto (ou a Shoá השואה  "a catástrofe" como a chaman os hebreos) e os libros nos que están baseadas, se é o caso:
  • "A Lista de Schindler"
  • "Amén"
  • "O Neno do Pixama a Raias"
  • "Shoah"
  • "A Vida é Bella"
  • "O Pianista"  
Co gallo do 75º Aniversario da chegada dos primeiros españois aos campos de exterminio nazis creouse esta web que lles fai unha merecida homenaxe: Deportados e onde se recolle gran parte do traballo de investigación que o periodista Carlos Hernández plasmou no libro "Os Últimos Españois de Mauthausen" (Edicións B.).

Dende o Departamento de Plástica, ademais, quixemos facer referencia á figura do fotógrafo español Francesc Boix, quen salvou dos nazis un gran número de fotografías do campo de concentración de Mauthausen, onde estivo internado e que serviron para condenalos nos xuízos posteriores.

martes, 20 de enero de 2015

"anTes de que deSapareZan..."

     Os alumnos de 1º e 3º ESO fixeron uns paneis sobre algunhas das tribus que están en perigo de extinción en todo o mundo: Masais, Mustangs, Huli, Kayapos, Kazajos,...

     Buscaron datos sobre a súa localización xeográfica, o número estimado de membros que quedan en cada tribu e algúns dos seus costumes máis interesantes, como as "mulleres xirafa" da tribu Karen, os tatuaxes tradicionais dos guerreros Maorís ou os "homes de barro" da tribu Asaro.


     Fixemos mención a un fermosísimo libro do fotógrafo Jimmy Nelson no que recolle imaxes impresionantes dalgunhas destas tribus por todo o mundo. Aquí podes consultar a súa páxina web:  "Before They Pass Away".

viernes, 19 de diciembre de 2014

feliciTación nAvideÑa

 

Desde la Biblioteca del C.P.I. Domingo Fontán de Portas (Pontevedra) os deseamos, en varios idiomas distintos, una Feliz Navidad y un Próspero Año Nuevo a todos.


¡¡¡DISFRUTAD LAS VACACIONES!!!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

cElebraCioNes de nAviDad y aÑoNuevo alRedeDoR deL mUnDo

¿Sabías que... en Portugal comen 12 pasas en Nochevieja en lugar de 12 uvas, que en Dinamarca lanzan platos contra las casas de los seres queridos o que en los Países Bajos Papá Noel llega a caballo?.

Además, no todos los países celebran el Año Nuevo en las mismas fechas: por ejemplo en China comienza en Febrero (están acabando el año 4.712!!!) mientras que los judíos le dan la bienvenida al nuevo año en Octubre, cuando celebran el Rosh Hashannah.

Este año los alumnos de Primaria y Secundaria han estudiado cómo celebran las Navidad y el Año Nuevo a lo largo y ancho del mundo e hicieron paneles para exponerlos en los pasillos del colegio. Éstos fueron los pasos que siguieron y sus resultados: