
Os alumnos de EPV de 3º e 4º ESO fixeron un "Obradoiro de Pintura Chinesa".
Despois de ver un video onde explicaban os pasos a seguir, emprenderon o seu traballo empregando os "4 Tesouros do Escritorio" da Cultura Chinesa:
- papel de boa calidade
- tinta chinesa
- a pedra da tinta
- e os pinceis chineses.
Ao rematar os debuxos estampámoslles un selo vermello, para imitar os selos de cinabrio cos que os grandes pintores chineses daban por rematadas as súas obras dende tempos inmemoriais.





















