A profe María Roma, de Galego, fixo cos seus alumnos da ESO este fermoso proxecto artístico-literario baseado no libro "Europa Express" de Andrea Maceiras.
A profe María Roma, de Galego, fixo cos seus alumnos da ESO este fermoso proxecto artístico-literario baseado no libro "Europa Express" de Andrea Maceiras.
Recibimos a visita de Pedro Feijoo para desenvolver un obradoiro literario organizado pola A Fundación, que se basea nas emocións e a creatividade para facer textos literarios.
Acudimos, para preparar o Día das Letras Galegas e o proxecto sobre moda do Departamento de Debuxo, ao Centro de Día da 3ª Idade de Portas para falar cos maiores sobre moda, remedios naturais e cantigas populares.
Ao final acabamos cantando con eles ao son das pandereitas!
O equipo de investigación de 2º ESO fixo moitas entrevistas este curso. Aquí amosamos as que fixeron na emisora de Radio Rapeira aos profesores Davinia Outón e Carlos Castro, para falares de trastornos na alimentación e contaminación respectivamente.