jueves, 30 de enero de 2025

díA da paZ


 Este curso fixemos un taboleiro en Inglés con palabras fermosas e personaxes célebres.

Tamén participamos na escritura do "Manifesto pola Paz" do corredor do centro, que despois asinaron todos os alumnos do colexio! 

miércoles, 29 de enero de 2025

raQuel caStRo

 

Recibimos na biblio a visita da escritora Raquel Castro para falarnos do seu libro "Sobremesas sobre versos".

As profes Luisa (6º ESO) e María Roma (ESO) tiñan xa traballado moito cos seus alumnos  e feito estas fermosas ilustracións que colgamos nos taboleiros do corredor.

 Os alumnos de Primaria incluso lle fixeron algunhas das receitas do libro para agradecerlle a visita!!!

 

 

lunes, 20 de enero de 2025

díA de maRtiN luTher kiNg 2025

 

Para festexar o día de este loitador polos dereitos civís, dende a Sección Bilingüe de 1º ESO quixemos facer un proxecto sobre bos desexos, ademais de falar un pouco da vida e obra de Luther King.

jueves, 16 de enero de 2025

biBlioTeca inclusiVa


 A fundación IgualArte visitaron hoxe a nosa biblio para darnos a coñecer unha mostra do seu labor artístico con personas con diversidade funcional.

Tamén amosaron unha serie de curtas nas que o grupo Variopinto recollen algunhas situacións de discriminación coas que se atopan todos os días! 

miércoles, 8 de enero de 2025

cluB de maNgA 1

 


Este curso creamos o Club de Manga e Anime do colexio, seguindo a estela do Club de Lectura de Cómic Os Atrevidos (de As Portadas de Xan).

Pronto  comezaremos a facer xuntanzas e actividades!