martes, 29 de octubre de 2024

saMaíN coNcuRsos

 


Para festexar o Samaín convocamos un concurso de relatos de medo coa palabra AGOIRO. Tamén deseñamos chapas e marcapáxinas, ademais de decorar a biblioteca e o colexio.

lunes, 28 de octubre de 2024

sAmAíN 2024

 


No club de lectura as profes María Roma, Rosa Lago e Davinia Outón organizaron representacións de teatro e contacontos cos nenos de Primaria e Secundaria.

domingo, 27 de octubre de 2024

BOOK REVIEWS

Os alumnos de 3º da Eso fixeron reseñas, en inglés, sobre os seus libros preferidos , destacando aquelo que máis lles gustou. Todos estes libros podes atopalos na biblioteca do centro.