Participamos no proxecto europeo "Linguas pola Paz" cun obradoiro e exposición sobre obras de Arte en contra das guerras con obras de artistas coma Picasso, Banksy, Dalí, Castelao...
Participamos no proxecto europeo "Linguas pola Paz" cun obradoiro e exposición sobre obras de Arte en contra das guerras con obras de artistas coma Picasso, Banksy, Dalí, Castelao...
Formamos un curso máis varios Clubs de Lectura: de primaria, de secundaria, de adultos e de manga.
Estamos a facer as primeiras representacións na biblio!
Tamén puxemos a palabra "PAZ" en moitos idiomas.
PARA REMATAR A CELEBRACIÓN, FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CUNHA ESCOLMA DE FONDOS EN INGLÉS DA NOSA BIBLIO.
Os alumnos de 2º de Primaria, coa profe Jésica, estiveron investigando sobre Europa e fixeron unha exposición ben chula!
A riqueza lingüística de Europa é impresionante: hai máis de 200 linguas europeas, e moitas máis faladas por cidadáns que veñen doutros continentes!
Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:
- Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas aprendidas co obxectivo de aumentar o multilingüismo e a comunicación intercultural.
- Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
- Potenciar a aprendizaxe de idiomas ao longo da vida, tanto dentro como fóra da escola, xa sexa con fins de estudos, intercambios, necesidades profesionais, mobilidade ou simplemente por pracer.
Para máis información premede neste LINK