"Es muller e
sénteste sobrecargada? Sentes que a mochila con pedras se vai enchendo
paulatinamente? Ves aquí a todas as mulleres que coñeces? A carga invisible
pero pesada que temos por nacer mulleres".
"Que pensamos
ante unha conversa aparentemente normal? O que din mulleres e homes está
estereotipado? Depende quen fale imaxinamos un tema ou outro?
As diferenzas
sociais acentúanse por cuestións de xénero? Ao final xogamos todas e todos o
mesmo partido?"
"As profesións
teñen xénero? É casualidade que haxa profesións con máis presenza de mulleres e
outras de homes? Porque hai máis profesorado de danza muller? Porque hai máis
enxeñeiros home? Con estes interrogantes o noso alumnado cuestionaba a
realidade. Dende os xoguetes que nos regalan na máis tenra infancia ata a
elección da profesión imos construíndo un sistema de estereotipos que nos
condicionan nas nosas eleccións."