Esto supuxo que nos animáramos a facer un novo expurgo e así puidemos eliminar algunha das estantarías para facer máis diáfano todo o espazo.
Por outro lado, Susana Sabarís, Susana Simó e Sara, estamos a rexistrar e etiquetar os fondos de non ficción divididos por temas, cunha CDU específica en cada caso e unha raia de distinta cor para facilitar a localización dos libros tamén aos máis pequenos!.
O curso pasado fixeramos a parte de Arte, e éste a de Música, Xadrez, Xogos e Deportes, Matemáticas e Cultura Clásica.
Ademais, a profe de Inglés da ESO cambiou todas a etiquetas dos libros para seguir un código de cores segundo a dificultade da lectura!
Imos pouco a pouco porque é un traballo inxente e temos moi poucas sesións para levala a cabo... de xeito que si non atopades un libro, non dubidedes en preguntarnos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario