lunes, 13 de mayo de 2019

funDacióN seCreTariado xiTano


Seguimos co noso obxectivo de facer unha Biblioteca na que todos os rapaces se sintan representados e acollidos, por eso dende a Biblio puxémonos en contacto con Araceli Rodríguez, da Fundación Secretariado Xitano de Pontevedra, e enviounos información moi interesante sobre as campañas que están a realizar nos últimos anos para loitar contra a discriminación:
"#Yonosoytrapacero": para sensibilizar contra a definición de xitano que hai no diccionario da RAE.
"Lección Gitana": que fai un repaso sobre os acontecementos máis importantes da Historia do Pobo Xitano.
ou "El tatuaje que más duele", contra a discriminación que sofre esta minoría e a favor da dignidade do pobo xitano.

Ademais, aumentamos os fondos da nosa Biblio con fermosísimos libros protagonizados por nenos xitanos coma:
"Iliana, la niña que escuchaba el viento", "Las historias de Manuela", "Patatita" o "Melodía en la ciudad", cos marabillosos debuxos de Benjamin Lacombe! Autor, ademais, dos debuxos da marabillosa xitana  Carmen de Prosper Merimée.

No hay comentarios:

Publicar un comentario