Estas fotos non reflexan as marabillosas actuacións dos nosos alumnos de Secundaria no festival de imitacións de grupos do s.XX que fixemos na Azucareira, a modo de "Tu cara me suena".
Non podemos estar a todo! polo que os profes do Equipo da Biblio entre actuar... axudar a maquillar... e facer de xurado... non puidemos gravar aos rapaces como o merecían!
A verdade é que todos foron moi valentes e concienzudos á hora de imitar aos grandes, tanto no vestiario coma nos e bailes e xestos, e ata nos tatuaxes!!!: Jackson Five, Alaska, Mecano, Abba, Guns´n Roses, Queen, Spice Girls, Supremas de Móstoles, Bonnie Tyler...
Foi dificilísimo elixir aos gañadores, de feito tivemos que aumentar os premios e dar dous 3º Premios: As Supremas de Móstoles (Sergio, Lidia e Adriana), simpatiquísimos!, e Bonnie Taylor (Vanesa), a única actuación en solitario!.
O 2º posto foi para as Spice Girls: Alexia, Nerea, Nayara, Blanca e Camila, que ían guapísimas e que non só bailaron xenial... senón que conseguiron dar ata a voltereta lateral!
E o 1º Premio foi para o "Live Aid" de Queen... inmexorable Alberto na pel de Freddie imitando cada un dos seus movementos (axudado pola iluminación do profe Johnny!) e moi ben acompañado por Martín (J. Deacon), Dani (Brian May) e Óscar (R. Taylor). Estes dous últimos xa fixeran de Queen na marabillosa recreación de "I want to break free" no Entroido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario