domingo, 5 de mayo de 2019

conTaconTos famiLiaR

Co gallo da celebración do Día do Libro, a Biblioteca organizou actividades de animación á lectura todo ao longo do mes de Abril.
As profes de Infantil levaron a cabo este "Contacontos Familiar" no que invitaron a pais e nais dos rapaces a que lles viñeran ler un conto!
A actividade foi realmente interesante e a repetiremos nos próximos cursos.
Moitísimas grazas a Miriam (nai de Roi), Alicia (nai de Sofía), Javi (pai de Dani) e Marta (nai de Julia) pola súa estupenda colaboración!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario